Xa no momento da aprobación do Estatuto de Cataluña o PSUC declarou que este era manifestamente mellorable. Eramos partidarios dunha profunda reforma constitucional que permitise avanzar cara a un Estado Federal e Solidario, en que quedasen claramente definidas as competencias entre o Estado e o Conxunto das Comunidades e non dunha reforma bilateral no marco dunha Constitución xurdida dunha Transición, que 30 anos despois mostra as súas limitacións para construír un marco de convivencia solidaria. Parte destas limitacións están no feito de non recoñecer o carácter multinacional de España, a democrática soberanía dos seus pobos a decidir como queren convivir, o mantemento do sistema xudicial herdado do franquismo ou a pervivencia da vetusta institución monárquica.
|