COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Manifesto do PCE para o 1º de Maio de 2021

28 de abril de 2021

O Primeiro de Maio é o día de reivindicación da loita da clase obreira. Naceu da loita por limitar a xornada laboral diaria a 8 horas, e desde entón, é o día no que reivindicamos o orgullo de pertencer á clase creadora de riqueza e motor do progreso da historia. Este ano sobran motivos para sentirnos orgullosos da nosa clase e para loitar por mellorar as nosas vidas.

Foi un ano durísimo, no que perdemos a seres queridos e no que sufrimos a enfermidade; un ano tras o que acumulamos cansazo e dificultades, polo longo confinamento e a incerteza ante a difícil situación económica, o paro e a precariedade.

Nestes momentos tan difíciles, foi a clase obreira quen garantiu a saúde e o coidado de toda a sociedade, visibilizando especialmente aos sectores esenciais, que son quen máis sofren a precariedade, na súa maioría, mulleres e inmigrantes.

Pola contra, vimos como os grandes capitalistas poñen os seus beneficios por encima da saúde, especulando coas vacinas e con bens de primeira necesidade, ou a empresarios irresponsables obrigando a traballar sen cumprir as medidas sanitarias. Á dereita e a ultradereita utilizando a pandemia para facer caer ao Goberno progresista e seguir axitando o seu odio para tentar dividir e distraer á clase traballadora dos seus verdadeiros problemas. E os Borbóns aproveitando o shock para tentar tapar a súa escandalosa corrupción.

A pesar da propaganda, de centos de bulos e mentiras é evidente que a pandemia golpeounos máis duro pola precariedade dos servizos públicos tras anos de recortes criminais, especialmente a mans dos gobernos corruptos do PP, e que as súas consecuencias económicas serían hoxe máis dramáticas sen as medidas impulsadas por Unidas Podemos no Goberno de coalición. O escudo social, con todas as súas limitacións, serviu para que a crise non recaia sobre os mesmos de sempre.

Hai que manter o escudo social en tanto dure a pandemia, pero o que toca agora é recuperar dereitos para acabar coa precariedade. E para iso hai dúas claves: cumprir o programa de Goberno de coalición e poñer os fondos europeos para a reconstrución ao servizo da maioría social para facer realidade estes obxectivos:

 

Derrogar as reformas laborais e seguir subindo o SMI para que haxa traballo digno.

Reforzar todos os servizos públicos, empezando pola sanidade e a educación.

Aprobar unha lei que garanta o dereito á vivenda e regule os prezos do alugueiro.

Derrogar a reforma das pensións, mellorar e asegurar o seu carácter público.

Derrogar a lei mordaza para asegurar as liberdades democráticas.

Reindustrializar o país, reforzar o sector público, a investigación, desenvolvemento e apostar por unha economía verde, como garantía de soberanía e emprego de calidade.

Ampliar a protección social cun sistema público de coidados.

Reformar o sistema de impostos que sexa progresivo para repartir a riqueza e avanzar en igualdade.

Fomentar a cultura crítica e popular e estender o sistema público de educación para acabar coa ignorancia sobre a que crece o fascismo.

 

Unha axenda de transformacións da maioría social á ofensiva, fronte á minoría de privilexiados. Esta é a axenda do PCE. Chamamos a que sexa a do movemento obreiro e popular, e traballaremos en todas as frontes para que sexa a axenda do goberno de coalición.

 

Ademais, este Primeiro de maio abordamos dous retos inmediatos:

 

Frear ao fascismo o 4 de maio na Comunidad de Madrid e botar a quen fixo unha arma política da pandemia e castigan á clase traballadora desde hai décadas con recortes, privatizacións e corrupción. Que fale a maioría!

 

Estender a vacinación para acabar canto antes coa pandemia. Chamamos ao movemento pola sanidade pública e aos sindicatos para impulsar e esixir vacinas públicas!

 

No ano do Centenario da nosa fundación continuaremos loitando. Hoxe como fai cen anos, estaremos presentes nos centros de traballo e estudo, nos barrios populares, nas cidades e no campo e no mundo da cultura, para reforzar os sindicatos e as organizacións populares, para crear solidariedade e conciencia de clase, en primeira liña, ao servizo da clase obreira para saír da pandemia sen deixar a ninguén atrás e seguir construíndo unidade e poder popular rumbo á III República e o socialismo.

 

Viva o 1º de Maio! Viva a loita da clase traballadora!

Categorías:

Comparte: