COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

10 de Marzo: Unidas contra a explotación capitalista, articulamos o poder da clase obreira.

11 de marzo de 2024

A climatoloxía adversa de dias pasados, deu tregua durante os actos do 10 de Marzo en Ferrol, en especial á manifestación unitaria convocada polos sindicatos CCOO, MAS, UGT e USTG, que partía ás 12:30 da Porta do Arsenal de Navantia cara ó monumento a Amador Rey e Daniel Niebla.  

No trascurso da manifestación, o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista tiveron presenza nun cortexo conxunto que representou ás demandas da Clase Obreira para o conxunto do país.

Posteriormente á mobilización, que rematou ca lectura dun manifesto conxunto das organizacións convocantes, tivo lugar a ofrenda floral, que foi colocada polo Secretario Nacional, Jorge Crego.

Con posterioridade, a militancia de Ferrolterra ofreceu ó conxunto de militantes do PCG e da XC que nos achegamos a un xantar e convivio na Rúa do Sol. Alí, medio cento de camaradas desfrutaron das viandas, nunha agradable reunión marcada pola camaradería, as charlas, debates e corrillos, os saúdos de algúns que xa había anos que nos se veían... e anécdotas, como o descubrimentos de textos e panfletos históricos gardados na biblioteca da sede.

Durante o xantar, tivo lugar a presentación da revista do Partido Comunista de Galicia, A Voz do Pobo, na súa primeira edición de 2024. Na que podemos atopar temas de actualidade como a situación do conflicto palestino, a situación electoral, etc.

Os cafés (e algún licor da sobremesa) deron paso a un pequeno acto onde Manola Lopez, Lucía Gutierrez e Lois Losada conversaron sobre a experiencia da militancia. A camarada Manola, relatou as súas vivencias durante o franquismo e como o compromiso militante do seu marido, que sufriu detencións e represión, a foron levando a ela mesma ó campo da actividade política, sindical e social. En contraposición, Lois Losada, comentaba, dende a súa xuventude, como é a iniciación política e militante da mocidade comprometida actual.

A tarde foi pasando e os camaradas chegados dende máis lonxe foron os primeiros en marchar.

Animámosvos tamén a escoitar as palabras do noso Secretario Político, Jorge Crego sobre a xornada.

VIVA O 10 DE MARZO,
VIVA A CLASE OBREIRA GALEGA.

Categorías:

Comparte: