Tal día como hoxe, hai 176 anos, publicábase un dos textos máis influintes da Historia: O manifesto Comunista, redactado por Marx e Engels por encargo da Liga dos Comunistas.
Un 21 de febrero de 1848, nun folleto de tan só 23 páxinas, ambos autores condensaban as ideas que impulsaron os meirandes cambios políticos do Século XX e que hoxe seguen a ser referente para os que sostemos a bandeira do marxismo-leninismo, na loita revolucionaria pola construcción dunha sociedade sen explotadores nin explotados.