COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

27 de xaneiro, 87º aniversario do fusilamento de Amada García e sete camaradas do PCE

26 de xaneiro de 2025

Mañá 27 de xaneiro, cúmprese o 87º aniversario do fusilamento de Amada García e sete camaradas do Partido Comunista en Ferrol

Xunto a Amada Garcia foron fusilados Antonio Eytor Cañizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira, de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López, de Ares; e Germán López García de Cabanas.

Amada García foi unha moza vecina de Mugardos, militante do Partido Comunista. Foi detenida cando estaba embarazada, e sometida a un Consello de guerra que sentenciouna a morte, unha condea que foi executada tras dar a luz ó seu fillo, Gabriel, cando este contaba con 88 días de vida. Entre a sentenza e o seu fusilamiento, Amada García estivo presa na Cárcel de Mulleres de Ferrol.

Todos eles foron condeados a morte pola sua militancia comunista e por ter defendido a legalidade republicana fronte á sublevación militar fascista.

HOMENAXE

Maña, luns 27, a Asociación Memoria Histórica Democrática convoca unha ofrenda homenaxe as 17:30 horas no Castelo de San Felipe. O Comité Comarcal do PCG enviará unha representación e convidamos os camaradas a asistir o acto.

PD: quen queira coordinarse para o transporte ata San Felipe, contactade co CC no tlfno: 623 976 567 e combinamos.

Saúde!

Categorías: Ferrolterra

Comparte: