COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

58 anos do asasinato de Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto.

13 de marzo de 2023

Hoxe se cumpren 58 anos do asasinato co camarada guerrilleiro Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto, que foi o último guerrilleiro de Galicia. Logrou sobrevivir no monte durante dúas décadas grazas ó apoio dunha vasta rede de casas e veciños que lle daban acubillo, provisións e información.

Castro Veiga era militante do Partido Comunista de España, e seguindo a estratexia do Partido tras a Guerra de España, sumouse ás partidas de maquis nos montes de Galicia onde chegou a dirixir a Terceira Agrupación Guerrilleira de Galicia entre 1946 e 1947.

A principios dos anos cincuenta, o Partido e O Piloto se distanciaron, posto que anos atras lle pediran a entrega das armas e a disolución da partida guerrilleira. En nome de Santiago Carrillo, o periodista Antonio Olano –un axente dobre, que acabaría derivando a posturas fascistas ó final da dictadura–, lle comunicou ó veterano guerrilleiro a vontade do Partido de desmovilizar ás agrupacións guerrilleiras. O encontro, tenso, termina, con O Piloto acusando a Carrillo de traidor. A partires de entón, e pesares de que seguiría facendo proselitismo comunista nas aldeas galegas, O Piloto estaría vetado en Radio Pirenaica.

O día que o mataron, o guerrillero levaba entre as súas pertenenzas o carnet do Partido Comunista, co selo da estrella de cinco puntas, a fouce e o martelo.

Gloria e honra eterna ó Camarada Guerrilleiro Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto.

Categorías: Efemérides

Comparte: