COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

85 anos do Bou Eva

23 de abril de 2022

 

Corría o 23 de Abril de 1937 cando oito homes e unha muller, todos eles republicanos antifascistas que se opuxeron públicamente o golpe de estado en Vigo, embarcaban en segredo nas adegas do Barco de pesca "bou Eva". Un último home, Rafael  Balado (Secretario Xeral do Partido Galeguista) non puido chegar a tempo o barco.

Eran momentos moi difíciles, na cidade os asasinatos a mans dos fascistas eran xa habituais e eles non ían quedar quietos ata que os matasen. Rumbo a Francia, decidiron embarcar.

O drama de ter que emigrar da túa terra é enorme, pero o peor estaba por suceder. A historia non tivo final feliz. Un pescador sinalou que o barco estaba "cheo de rojos" e de seguido falanxistas e Garda Civil non tardaron en rodear o barco con outro e botarlles auga ardendo ata facelos saír das adegas, fervendo ou afogados.

Nunca saíron. Ante a certeza das torturas e asasinatos, decidiron poñer fin ás súas vidas eles mesmos. É durísimo imaxinar como tiñan que sentirse nese momento, pero peor é poñerse na pel de Anxo Nogueira, que tivo que coller un arma por primeira vez na súa vida, apretar o gatillo e disparar á súa propia muller, de tan só 24 anos e o resto dos seus compañeiros.

O suicidio colectivo máis grande acontecido durante a Guerra Civil.

O franquismo o silenciou, "aquí non pasou nada". Hoxe día hai ata rúas dedicadas a aquel acontecemento, pero a xente en xeral segue sen coñecer un drama que nunca debería esquecerse, que nunca debería repetirse.

Segundo Xesús Alonso Montero, que foi presidente  do Foro  pola Memoria e da RAG.

"Un suicidio colectivo coma o do bou Eva non sucedeu en ningún outro lugar durante a Guerra Civil [...] se este país estivese normalizado, a historia  do bou Eva estaría reflectida  xa en películas, en libros ou no teatro".

Tras morrer o seus dous pais no barco, Concha Nogueira e a súa irmá quedaron orfas vivindo coa súa avoa. A súa nai entrou nunha asociación de mulleres antifascistas e agora o pagaba coa sua vida, o seu pai era comunista. O mariñeiro que lles axudou a fuxir tamén foi perseguido polos falanxistas e finalmente asasinado na ETEA.

Tras todo isto creouse unha asociación para o seu recordo, fixéronse recitais con poemas e todo tipo de iniciativas privadas, pero públicamente apenas nada. A xente, mesmo de Vigo, é moi raro que coñeza a historia. Hoxe netos e  bisnietos dos falecidos cónstame que militan no PCE. Eles non esquecen.

Que os seus nomes permanezan na memoria:
Manuel Rodríguez Castelao (mestre), José Losada Castelao Manuel (mestre), Martínez  Moroño (mariñeiro), José Rodríguez Lorenzo (albanel), Fernando Rodríguez Lorenzo (albanel), Luís Álvarez González (obreiro do naval), Camilo Campos Méndez, Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira.

Categorías: Efemérides

Comparte: