COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

A brigada solidaria do PCG, en Valencia

8 de decembro de 2024

Na liña de fortalecer a autoorganización e o apoio mutuo da clase obreira, os camaradas do PCPV deron exemplo, impulsando e organizando a centos de militantes, simpatizantes e veciños para asumir o inxente labor de limpeza e reconstrución nos pobos e cidades afectadas pola DANA en Valencia.

Do mesmo xeito, e seguindo a nosa tradición solidaria e internacionalista, o PCG formou unha Brigada de Traballo Voluntario que se desprazou nestes días ata Valencia para colaborar cos camaradas do PCPV e con outras brigadas presentes, chegadas dende diferentes puntos do Estado español e do estranxeiro.

A Brigada de Voluntarios de Galicia foi destinada a Paiporta, onde se puxo ás ordes dos brigadistas con experiencia previa no terreo, e rapidamente se implicou nas primeiras tarefas de limpeza e reconstrución.

Este traballo voluntario nas zonas afectadas debe ser complementado co apoio solidario de camaradas doutros territorios, mediante a recollida de material, equipos e tamén achegas económicas. Chamamos a manter activa a campaña de contribucións económicas para asegurar un fluxo continuo de recursos e fortalecer, durante os próximos meses, a brillante chama da solidariedade obreira e popular.

 

Contas para doazóns:

  • PARTIDO COMUNISTA DE ESPAÑA - IBAN: ES92 2103 0235 0000 3001 0716
    Concepto: Solidariedade PV + Nome e apelidos + DNI
  • Asociación Valenciana de Amizade con Cuba José Martí - IBAN: ES60 3159 0018 1220 4471 2624

A solidariedade é o cemento que une a toda a clase obreira!

Categorías:

Comparte: