COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

A Coruña

O Partido Comunista de Galicia conta cunha longa tradición de militancia na cidade da Coruña. Importantes sucesos históricos, como a detención dos históricos militantes José Gómez Gayoso ou Antonio Seoane producíronse nas rúas da Coruña. Manolito Bello, insigne militante do PCE en Galicia, creceu, desenvolveu a súa actividade política e foi asasinado en Coruña. Dende a transición e os primeiros anos de democracia militaron na Coruña persoeiros desta cidade como Joaquín González "o Panadeiro", Serafín Mourelle ou Nicanor Acosta.

O actual Comité da Coruña constituíuse tras o proceso do XX Congreso do Partido Comunista de España. Actualmente está formado por seis camaradas, máis a representación da Xuventude comunista. Actualmente conta con secretarías de Área Interna, Externa e Ideolóxica, responsabilidade de obreiras, responsabilidade de feminismo e o Secretario Comarcal, Alberto V. P.

O comité do Partido na Coruña extende as súas tarefas ás comarcas da Coruña, Bergantiños, Betanzos, Fisterra, Ordes e Terrra de Soneira.

Actualmente o Comité dirixe a actividade de cinco núcleos sectoriais de traballo, no que se enmarcan os e as militantes da organización: núcleo de industria, núcleo de ensino, núcleo de administración pública, núcleo de ámbito privado e núcleo de pensionistas.

Nos últimos anos a militancia do Comité comarcal do Partido na Coruña participou en plataformas e accións como a loita contra os desafiuzamentos, o movemento feminista, os espazos de memoria histórica e a loita sindical a través de CC.OO. na cidade. Os e as comunistas apoiamos a loita dos e das traballadoras en conflitos laborais como os de Alcoa/Alu-Ibérica, Atento ou Extel, entre outros.