COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

A PLANTILLA DE LIDL EN NARON CUMPRE 45 DÍAS DE FOLGA

31 de marzo de 2023

A plantilla da multinacional LIDL SUPERMERCADOS, no seu almacén loxístico do Polígono de Río do Pozo en Narón, leva dende o 14 de febreiro en folga indefinida. Son xa máis de 45 días dun paro que conta co seguimento e apoio da práctica totalidade dos 150 integrantes da plantilla de persoal mentres a Dirección da empresa négase a discutir co comité de folga calquera posible solución.

A causa do conflito son os reiterados incumprimentos do convenio colectivo por parte de LIDL. Entre outras cousas, a patronal impón horas extraordinarias por riba dos límites legais, razón pola cal a Xunta de Galicia xa abriu expediente sancionador contra a cadea de supermercados. Por riba, LIDL leva a cabo prácticas que vulneran o dereito á folga, facendo dumpin ó fornecer ás súas tendas dende outros centros loxísticos.

En 2021, LIDL acadou uns beneficios históricos de 190 millóns de euros, que foron superados polos de 2022. Estes beneficios son o resultado de explotar e roubar ós traballadores, ó rebaixar as condicións laborais e salariais. É indecente que LIDL estea a xogar co pan de 150 familias. LIDL debe cumprir xa coa lexislación laboral vixente e o pactado no convenio. LIDL debe cesar de inmediato as prácticas de terrorismo patronal, as ameazas e ataques ós dereitos sindicais e contra o lexitimo dereito á folga da plantilla.

Categorías: Ferrolterra

Comparte: