COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE: COMUNICADO DO PCG ANTE A CONCENTRACIÓN DO 12 DE XUÑO EN VIGO

9 de xuño de 2025

Desde hai xa moitos anos viuse unha degradación dos servizos de sanidade pública a nivel estatal en xeral e en Galicia en particular.

 

Anteriormente polo enorme custo do rescate bancario da década pasada, agora pola imposición de aumentar, tamén de forma desmesurada, o gasto militar e a preparación para a guerra. O resultado sempre é o mesmo: o progresivo desmantelamento dos servizos públicos en beneficio do gran capital e en detrimento de os traballadores.

 

Especialmente grave é a situación na sanidade. A práctica totalidade dos sindicatos e asociacións profesionais advirten que de, seguir así, a saúde, a merma da esperanza e calidade de vida afectarán gravemente ao conxunto da poboación.

 

Comezouse e continúase recortando o que parecía máis fácil: a medicina familiar e a prevención, recortando de forma brutal o persoal e os medios dos centros de saúde. Moi atrás quedaron os días en que un obtiña cita médica para un ou dous días vista. Aínda peores son as consecuencias desa falta de prevención. Unha enfermidade ou lesión son relativamente fáciles de tratar se se detectan a tempo e un gran e custoso problema cando xa é tarde.

 

Pero a lista de despropósitos da sanidade actual é bastante máis longa: As enormes listas de espera para todo, a cantidade de medicamentos esenciais para certas enfermidades excluías da cobertura farmacéutica, a carencia de saúde buco-dental, o máis que dubidoso papel das mutuas privadas no ámbito laboral, etc etc.

 

E tampouco termina aí a cousa: o proceso ao que están a someter á sanidade tamén crea problemas no ámbito profesional. Baixas, vacacións ou xubilacións que non se substitúen sobrecarga o traballo do resto. Aínda peor é a deterioración das condicións laborais dos servizos que eufemísticamente chaman “externalizados”, como as ambulancias ou os servizos de limpeza.

 

Sen ningunha vergoña e segundo conveña din que non hai diñeiro e, á vez, que os gastos en sanidade están a aumentar nos orzamentos. O que ocorre en realidade é que se está producindo un enorme transvasamento de fondos do público ao privado. Mentres se racanea todo aos centros públicos, os centros privados facturan literalmente o que lles dá a gana. Como agora sabemos, concretamente na área de Vigo, non existe ningún control sobre os centros médicos privados e os convenios cos mesmos son case secretos e nin sequera están asinados.

 

Tamén se tenta vender como panacea para todo a contratación de seguros médicos privados. Non é certo. Pagar 30 ou 40 euros ao mes non proporciona ningunha cobertura médica real. Como saben cada vez máis persoas, ante o máis mínimo problema derívaselles á pública para non ter gastos. No modelo norteamericano que se tenta imitar, a cobertura sanitaria máis básica rolda entre os 10 e 20 mil euros ao ano dependendo do tipo de persoa (idade, familia, a zona onde se viva, o tipo de traballo, ...), sen contar as franquías, os gastos farmacéuticos, as estancias nos hospitais, as penalizacións por enfermidades que xa se padezan etc. Iso e ter a esperanza de non contraer ningunha enfermidade ou accidente graves, xa que quedarán fóra desa cobertura.

 

En Vigo somos conscientes do problema. Levamos xa moitos anos demostrando que non estamos conformes con o que está a pasar. Houbo varias manifestacións masivas e algunhas cousas conseguíronse, como a dimisión da entón conselleira de sanidade. Con todo seguen veña e dálle. Esperando que renda o desánimo e a división, volven unha e outra vez co mesmo e icluso se permiten burlas á cidadanía como o nomeamento desa mesma conselleira como responsable da entelequia privada que xestiona o Hospital Álvaro Cunqueiro.

 

O futuro aparece como máis sombrío aínda. Non podemos permitir que iso ocorra. Cada vez é máis necesario seguir loitando por dereitos que tanto custou conseguir e que nos queren arrebatar.

 

O PCG denuncia que a sanidade, baixo o capitalismo, é un negocio. Esiximos un sistema 100% público, sen privatizacións, e controlado democraticamente polos traballadores e usuarios organizados. A sanidade non debe depender do beneficio capitalista: é un dereito universal que só se garantirá coa loita da clase obreira.

 

Por iso, o Partido Comunista de Galicia, apoia a convocatoria de SOS Sanidade Pública á concentración que se producirá o vindeiro xoves 12 de xuño diante do Marco de Vigo e anima aos traballadores a que se unan á protesta.

 

Adiante a clase traballadora!.

 

Categorías:

Comparte: