COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

A UN AMIGO E CAMARADA QUE MARCHOU:  MANOLO RAMOS

5 de maio de 2022

Image

Onte faleceu repentinamente o noso camarada Manuel Ramos Cabrer. Catedrático de Telemática da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, de recoñecida traxectoria docente, investigadora e de xestión na UVigo.

Tiña moitas publicacións, capítulos de libros, proxectos de investigación e de transferencia tecnolóxica a empresas.

Foi un dos artífices da rede telemática da Universidade e tocoulle dirixir con éxito o Campus Virtual cando a COVID obligou a pechar as aulas.

Dende a súa época de doutorando PNN fai 30 anos loitou activamente pola dignificación das condicións de traballo do persoal docente e investigador. 

Así, foi membro do Claustro, do Consello de Goberno, da Xunta do PDI e culminou sendo Vicerreitor de Profesorado dende fai catro anos.

Del destaca con pesar a Comunidade Universitaria, e notablemente todos os sindicatos, a súa inmensa capacidade de traballo e o seu talante afable, aberto e dialogante, logrando consensos impensables e avances notorios na situación do PDI.

Amigo dos seus amigos, era reservado, pero cando expresaba as súas opinións, éstas eran moi reflexivas, froito da análise obxectiva da situación, con datos concretos. Os seus argumentos eran a miúdo irrebatibles.

Creo que Manolo era así porque aplicaba o método científico non só á enxeñería, senón tamén ás ciencias sociais, aplicaba o materialismo dialéctico de Karl Marx.

Así e todo, non só foi un Universitario excelente. Manolo cría e loitaba polos principios de xusticia social en todos os ámbitos da vida, no só no laboral. 

Por isto, Manolo era un feminista convencido, un firme internacionalista, un defensor da paz e das causas palestina e saharaui, e das de todos os pobos oprimidos.  Era un ecoloxista practicante, un republicano combativo.

Manolo era un marxista e comunista e, sobre, todo era unha belísima persoa. Cría no Ser Humano, con letras maiúsculas.

En nome do Partido Comunista de Galicia, queremos expresar a nosa gran dor por esta pérdida irreparábel; compartir o noso inmenso pesar coa nosa camarada Nuria e os seus fillos Ana e Pablo; cos seus amigos e compañeiros de traballo, hoxe tan abatidos coma nós, porque todos botaremos en falta a unha persoa exemplar.

Manolo, deixáchesnos demasiado cedo, pero permanecerás no noso recordo. Gracias por o teu exemplo e a túa xenerosidade.

¡Descansa en paz!

Categorías:

Comparte: