COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

ACODE DENDE GALICIA Á FESTA DO PCE 2021

12 de agosto de 2021

Tras o obrigado parón da pandemia os próximos 24, 25 e 26 de setembro regresa a Festa do PCE ao recinto ferial do municipio madrileño de Rivas Vaciamadrid.

Tres días para debater sobre os principais problemas que atravesan o país, compartir experiencias e desfrutar en camaradería no que representa o maior evento lúdico, cultural e reivindicativo que se celebra na península. Charlas e debates, teatro, presentacións de libros, concertos (gratuítos e de pago), exposicións, e tantas outras actividades nunha edición especial que coincidirá coas celebracións do Centenario do PCE.

Para facilitar a asistencia dende Galicia, habilitaremos liñas de autobús con paradas na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo con saída o venres á mañá e regreso o domingo á tarde. O prezo da viaxe é unicamente 25 euros!

En caso de estar interesado podes anotarche a través do correo-e festa@pcgalicia.org indicando os teus datos persoais e lugar de recollida. Temos a posibilidade de xestión de aloxamentos.

Se nunca coñeciches a festa ou tes intención de retomala esta é a ocasión! Reserva a túa praza antes do 10 de setembro.

Máis información en fiesta.pce.es.



Categorías:

Comparte: