COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Acto da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica no Ateneo Ferrolán

11 de novembro de 2021

O vindeiro sábado día 13 de novembro de 2021 ás 11:30 h. no Ateneo Ferrolán tera lugar unha homenaxe ó noso camarada, o guerrilleiro antifascista Benigno Fraga Pita. 

Benigno, máis coñecido como Alejandro, naceu nas Somozas en 1892 e emigrou a Cuba, onde se afiliou o Partido Comunista. Durante a ditadura de Gerardo Machado tivo que fuxir do país e volveu a España, onde traballou como mestre armeiro nos arsenais de Ferrol. Foi detido tras o golpe de estado contra a Republica e pasou algún tempo no cárcere. Depurado, foi expulsado do seu traballo no Arsenal e traballaou como mosaísta.

En 1946 era membro do Comité provincial coruñés do Partido Comunista de España, foi secretario de Organización en Ferrol, pero veuse forzado a fuxir ao monte ao ser descuberta pola policía a súa pertenza ao PCE logo da detención de Alejandro Gama Casalderrey. Ao incorporarse á guerrilla foi enviado a Ourense en agosto de 1946, como delegado do PCE para crear a II Agrupación Guerrilleira de Galicia e reorganizar a loita contra o Réxime franquista, acompañado por Samuel Mayo Méndez (coñecido como Saúl dás Olas) e José María Saavedra Díaz (coñecido por Pepe). Benigno permaneceu en Ourense desempeñando o cargo de comisario político da II Agrupación.

O 28 de abril de 1949 caeu abatido polas balas da Garda Civil no Candedo (Chandrexa de Queixa). Foi soterrado no cemiterio de Celeiros.

A ARMH fara entrega dos restos recuperados do noso camarada nun acto no Ateneo, para logo ser enterrados no cemiterio de Catabois as 13:00h.

Convidamos ós militantes e simpatizantes a asistir os actos e honrar a memoria do noso camarada.

#Guerrilla #Maquis #Ateneo #SomosCultura #Ferrol #Galiza #LoitaAntifascista #MemoriaHistórica

Categorías: Ferrolterra

Comparte: