COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Aniversario do nacimento de Karl Marx

5 de maio de 2021

Tal dia como hoxe, en 1818, nacia Karl Marx, un dos máis grandes pensadores da historia da humanidade. O seu traballo influíu na historia intelectual, económica e política dente o Século XIX ate hoxe. O seu pensamento segur máis vixente que nunca

Empregando un enfoque crítico denominado materialismo histórico, Marx prediciu que, ao igual que os sistemas socioeconómicos anteriores, o capitalismo producía tensións internas que o conducirían á súa autodestrución e á substitución por un novo sistema: o socialismo. Para Marx, a loita de clases baixo o capitalismo, debido en parte á súa inestabilidade e a súa natureza propensa á crise, podería acabar no desenvolvemento da conciencia de clase por parte da clase obreira, conducindo á súa conquista do poder político e finalmente o establecemento dunha sociedade sen clases e comunista constituída por unha asociación libre de produtores.

Marx loitou activamente pola súa introdución, argumentando que a clase obreira debería levar a cabo unha acción revolucionaria organizada para derrocar o capitalismo e traer consigo a emancipación socioeconómica.

“Non se trata de reformar a propiedade privada, senon de abolila; non se trata de paliar os antagonismos de clase, senon de abolir as clases; non se trata de millorar a sociedad existente, senon de establecer unha nova."

 

Categorías: Efemérides

Comparte: