COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

As prácticas monopolistas afogan ao sector primario e á clase traballadora

1 de abril de 2024

As prácticas monopolistas afogan ao sector primario e á clase traballadora.

O capitalismo non é regulable, a única saída é o socialismo.

A Audiencia Nacional acaba de corroborar una resolución da CNMC do ano 2019, mediante a que se inculpa a varias empresas por formar un cártel, coa finalidade de coordinarse para reducir o prezo do leite cru de vaca. As empresas implicadas son: Calidad Pascual, Central Lechera Galicia, Grupo Lactalis Iberia, Nestlé, Schreiber Food España, Comercial Alimentaria Peñasanta, Danone, Industrias Lácteas Granada (Puleva) e a Asociación de Empresas Lácteas de Galicia.

Estas prácticas monopolistas, xunto á importación de produtos con menores costes de produción, provoca que o sector primario local se vexa paulatinamente diminuído, coa consecuente perda de soberanía alimentaria do noso pobo, ao mesmo tempo que se aumenta a contaminación atmosférica debido ao transporte de produtos a largas distancias. Aos capitalistas non lles preocupa a soberanía alimentaria da sociedade nin o medio ambiente, o seu criterio prioritario e a obtención de beneficios.

Mediante este tipo de manipulacións, posibles polo dominio do mercado por parte das grandes cadeas de distribución, comprométese a viabilidade económica das explotacións gandeiras, neste caso, e do sector primario en xeral. Esta realidade orixina que o sector primario teña unha elevada taxa de explotación. As empresas deste sector, ao ver reducidos os seus ingresos, necesitan explotar en maior medida á clase traballadora para garantir as súas marxes de beneficios.

Este caso é unha mostra máis de que no capitalismo a competencia perfecta non existe; a gran burguesía controla o conxunto da economía directamente, como neste caso, ou ben a través do  favor das institucións, sometidas ao interese do capital mediante grupos de presión ou polo impulso de partidos políticos afíns. Este dominio da economía o afianzan mediante o control da información, xa que ostentan a dirección dos grandes medios de comunicación e da industria cultural.

O Capitalismo non é regulable porque quen ostenta o poder, a gran burguesía, non permitirá que a súa taxa de ganancia se vexa comprometida. A única solución real para acadar unha distribución xusta da riqueza producida socialmente é o socialismo, onde a clase traballadora organizada planifique a economía para o beneficio do conxunto da sociedade; non como no capitalismo, onde a economía está orientada pola busca do máximo beneficio para a clase capitalista.

Categorías:

Comparte: