COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

ATA SEMPRE, MARTA

17 de xuño de 2024

No día de onte faleceu a nosa benquerida camarada Marta Mosquera (1991-2024). A pesares da súa xuventude, Marta percorreu un camiño cheo de compromiso e militancia política e social.

Dende o seu inicio nas Xuventudes Comunistas de Galicia, onde levou as responsabilidades de Muller e Estudantado, comprometeuse cunha vida de loita polas causas xustas e invencibles, tal e como ela mesma sinalaba. Estudou Ciencias Políticas na Universidade de Santiago e ao pouco tempo tivo a oportunidade de comezar a traballar no Partido da Esquerda Europea (PIE) e máis tarde como asistente parlamentaria do grupo da Esquerda no Parlamento Europeo, unha responsabilidade á que adicou preto de 7 anos. Durante todo este tempo mostrouse moi activa na creación e fortalecemento das agrupacións de Izquierda Unida e do PCE no exterior onde deixaría unha forte pegada.

Á súa volta a Galicia mantivo en todo momento a súa militancia política e social no Partido Comunista de Galicia asumindo a responsabilidade como secretaria política do núcleo comunista do Val Miñor. Durante toda esta última etapa na comarca de Vigo mostrou un especial interese na loita antiimperialista e na solidariedade co pobo palestino.

Marta deixa unha fonda pegada no Partido Comunista de Galicia. Comprometida, fiel as súas ideas e coherente ata as últimas consecuencias. Sempre disposta a contribuír aos debates colectivos, a transformar as críticas e propostas construtivas en accións concretas que puidesen servir para transformar o Partido Comunista nunha ferramenta de transformación para a clase traballadora. Sempre dende a humildade e a honestidade que formaba parte do seu propio legado familiar. Dende a firmeza coa que defendeu as súas ideas e valores.

Marta, levámoste con nós. Co teu sorriso e co puño ben en alto.

Comité Comarcal do Partido Comunista de Galicia na comarca de Vigo

Categorías:

Comparte: