COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Basta xa á precariedade na Educación Infantil 0-3 anos

5 de marzo de 2024

O Partido Comunista de Galicia apoia ás demandas das traballadoras do sector privado da Educación Infantil 0-3 anos e denuncia as precarias condicións laborais e salariais que afrontan.

O conxunto de traballadoras do sector da Educación Infantil 0-3 anos en Galicia, e no resto do Estado español, está en loita dende hai tempo. Xa no pasado ano foron varias as xornadas de folga que se repetiron nos meses de outubro, novembro e decembro chamando ao desbloqueo inmediato das negociacións do novo convenio colectivo do sector que afecta ás Escolas Infantís privadas e as públicas de xestión privada. Un convenio que ten que servir para recoñecer o traballo deste colectivo altamente feminizado acabando coa precariedade do sector e garantindo uns salarios e unhas condicións laborais xustas.

A Educación Infantil de 0 a 3 anos leva demasiado tempo sendo un sector altamente precario froito, en gran medida, do feito de ser este un traballo levado a cabo maioritariamente por mulleres. Esta discriminación tradúcese en salarios que en moitas ocasións non chegan nin tan sequera ao Salario Mínimo Interprofesional e producen un cada vez maior empobrecemento da clase traballadora -maior aínda se temos en conta que as táboas salariais levan conxeladas dende o ano 2021.

A esta precarización e ao aumento da explotación laboral tamén inflúe o feito de ser un servizo público que ten sido sistematicamente privatizado. Un sector que só en Galicia conta con máis de 2.000 traballadoras repartidas en cerca de 200 escolas.

Dende o Partido Comunista de Galicia animamos a toda a comunidade educativa e a clase traballadora no seu conxunto a apoiar esta loita e a participar da campaña de sinaturas na que se esixe acadar un convenio xusto que mellore as condicións salariais e laborais que dignifiquen o traballo do sector e melloren a calidade educativa desta etapa fundamental no crecimiento das nenas e nenos. Ademáis, facemos un chamamento á remunicipalización destes servizos garantido non só o necesario número de plazas públicas en todo o país mais tamén a financiación pública xestionada dende o público e que garanta que a calidade do servizo sostense sobre unhas condicións salariais e laborais dignas.

Categorías:

Comparte: