Hoxe lembramos a Julio Germán Aneiros Fernández no seu 18º cabodano. Obreiro da Bazan, sindicalista, comunista e opositor ó franquismo.
A mediados dos anos 40 organizou as primeiras estructuras do PCE na empresa. Nos 60, Aneiros, Santiago Alvarez, Paco Filgueiras e Paco Balón, impulsaron tanto a estructura do partido comunista coma o xarmolo das Comisións Obreiras en Galicia.
O 7 de marzo do 1972, un paro dos traballadores de Bazán, resultou no despido de Aneiros e outros destacados sindicalistas. Tres días despois, o 10 de marzo, os traballadores da Bazán saíron en manifestación. A Policia abriu fogo contra os obreiros, asasinando a Amador Rey e Daniel Niebla. Julio Aneiros foi ferido gravemente dun balazo no peito. Foi detido e xulgado como instigador da protesta.
Aneiros foi obreiro consciente e consecuente, comprometido politica, sindical e socialmente ate o seu pasamento en 2006.
Que a súa lembranza sexa o noso exemplo.