COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Caravana en coche pola República

8 de abril de 2021

O 14 de abril de 1931, hai 90 anos, a cidadanía acabou cun réxime monárquico corrupto que facía augas no social, no económico e no político. O pobo esixía mellorar as súas condicións de vida e de traballo e decidir o seu destino. Coas
súas mobilizacións conseguiuse a II República.

En 2021, inmersos nunha terrible pandemia e a súa consecuente crise económica, co pano de fondo das escandalosas corruptelas monárquicas, celebremos este 90º aniversario da proclamación da República e demostremos a nosa aposta por UNHA VIDA DIGNA, O INICIO DUN PROCESO CONSTITUÍNTE E CARA Á TERCEIRA REPÚBLICA.

Por todo elo, o Partido Comunista de Galicia convoca a todos os republicanos a MANIFESTARNOS EN COCHE COAS nosas BANDEIRAS TRICOLORES nunha caravana republicana o vindeiro domingo, 11 de abril de 2021 ás 12:00 horas, saíndo dende o Alcampo de Coia en Vigo.

Categorías: Vigo

Comparte: