Máis de medio centenar coches engalanados con bandeiras da República Española e cintas tricores desfilaron polos barrios populares de Vigo nesta fermosa mañá del domingo, 11 de abril.
Tódolos republicanos de Vigo e comarca foron convocados polo Partido Comunista de Galicia a unirse a esta caravana para celebrar o 90 aniversario da proclamación da II República que se cumprirá o vindeiro mércoles, 14 de abril, día no que tamén se concentrarán unha vez máis ao chamado da Asemblea Republicana de Vigo ás 19:30 horas na Farola de Urzáiz en Vigo.
A caravana partiu de Coia e percorreu Castrelos, Gran Vía, Urzáiz, O Calvario, Teis, Bouzas ata Samil, sendo vitoreada e saudada por transeúntes e por outros condutores ao grito de
¡Viva a República! ¡Viva!