Este 14 de Abril no baluarte de Canido, se rindeu honenaxe á II Republica e a todos defender as esperanzas de democracia, liberdade e xustiza social que encarnaba a Republica de 1931.
Dende o PCG chamamos a superacion do rexime. Defendemos a República como unha resposta axeitada ás necesidades da mayoría social: a clase traballadora. Pero non debemos ser ilusos. Temos a obriga histórica de aprender dos erros pasados. Non podemos volver a pensar na reedición dunha república burguesa como a de 1931.
A III Republica debe ter uns solidos cimentos. Debe ser democrática, laica e federal. Debe formar parte dunha Europa dos pobos e dos traballadores, en contraposicion o actual modelo da Europa do capital, da rapiña e do nacionalismo cejijunto. Hoxe, como sempre, Marx e Engels están presentes e son a nosa certeza. A nosa consigna de cabeceira, TRABALLADORES DO MUNDO, UNIDEVOS, ten máis vixencia que nunca. Non debemos ser ilusos. Como garantia de cumprimento dos compromisos, a Republica que queremos debe ter un modelo social e económico de base socialista, non só ó servicio da clase traballadora, senon directamente controlada por ela, por nos: polos traballadores.
Temos moito traballo por diante, e o acicate para perseverar debe ser sempre a memoria e o exemplo de todos camaradas e traballadores que nos precederon e os que hoxe rendimos homenaxe. Por todos eles...
VIVA A REPUBLICA
VIVA A CLASE TRABALLADORA
NIN PAZ ENTRE CLASES, NIN GUERRA ENTRE POBOS