Mañá Xoves 20, as 18:00 horas e no Salón Concepción Arenal do Campus de Esteiro, contaremos coa presenza de XESÚS ALONSO MONTERO, que dará unha charla sobre os textos escritos por Castelao tras a súa viaxe á URSS en 1938.
Unha boa ocasión para disfrutar, outra vez en Ferrol, das sempre entretidas e ilustrativas conversas do noso prezado camarada profesor Alonso Montero.




