COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

COFER, inimigos da clase traballadora

9 de abril de 2024

Non hai por onde coller as miserables declaracións á Voz de Galicia do presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra. Se queren falar de “gente que no quiere trabajar“, falemos de Borbóns, rentistas, especuladores e outros parásitos sociais que viven de roubar á clase traballadora.

A realidade é ó revés: somos os traballadores os que sostemos ós empresarios, e algúns deles son auténticos delincuentes. Na comarca todos sabemos o nome de “empresarios ejemplares” que obrigan a realizar máis xornada da declarada nos contratos ou a traballar horas extras que logo nunca pagan. Os seus beneficios son o salario roubado ós traballadores! Os verdadeiros parásitos e ladróns son eses empresarios que non cumpren os convenios, que non pagan os salarios o día estipulado ou que tardan meses en abonar as pagas extras, como algunha auxiliar en Navantia.

As coberturas sociais non son “paguitas”. Saen dos nosos impostos e nosas cotizacións. Esas coberturas nos dan certa liberdade ós traballadores para poder rexeitar ós explotadores que se lucran coa precariedade e a necesidade. Por iso estes ataques indecentes, porque algún empresario xa non pode ameazar ós traballadores: “si no te gustan las condiciones, tengo gente haciendo cola por el puesto”. Isto acabouse. Se non atopan man de obra, que analicen millor o seu problema, porque reducilo a “los trabajadores son vagos”, é unha conclusión própia de imbéciles. 

O Núcleo de Ferrolterra do PCG condea as infames declaracións de Cristobal Dobarro, outra das habituais campañas reaccionarias da dereita e a patronal contra os dereitos e conquistas da clase obreira. Antes de tentar desprestixiar ós traballadores e ós nosos dereitos sociais e laborais, o Sr. Dobarro debería comprobar se hai delincuentes na súa organización.

En Ferrol, a 09-04-2024

BASTA DE ATAQUES Á CLASE OBREIRA!
DEFENDE OS TEUS DEREITOS SOCIAIS!
ORGANÍZATE E LOITA!

Categorías:

Comparte: