COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Comunicado do PCG: Non ós despidos en Cándido Hermida.

15 de maio de 2021

A pretensión do grupo de empresas Cándido Hermida de despedir a unha vintena de traballadores coa excusa dunha suposta inestabiliade ou inviabilidade económica, aparte de intolerable, é falsa.

Todos sabemos que cando as empresas dan beneficios, nunca se reparten cos traballadores. Tamén sabemos que cando os capitalistas non sacan as rendas esperadas, ou cando hai perdas, estas son rapidamente trasladadas ós traballadores.

Pero o conflicto en Cándido Hermida ten un compoñente adicional. Estes despidos responden a unha estratexia de terrorismo patronal: A dirección da empresa pretende amedrentar e someter a toda a plantilla despedindo ós compañeiros máis combativos ou que manifestan un compromiso de clase, político ou sindical.

Cándido Hermida leva anos cunha estratexia de sindicalismo amarillo, presionando ós traballadores para conformar comités de empresa dóciles, que manteñan a paz social e desactiven calquera reivindicacion laboral.

As pretensións de reestructuración do grupo de empresas e as novas políticas de subcontratación e externalización de traballos, necesitan aínda máis desa paz social para así acometer recortes máis profundos nas plantillas sen ter oposición.

Isto non acontece agora por casualidade. A crise xa é permanente no sistema capitalista. A pandemia agravou a situación e estamos a ver un recrudecimento das agresións da patronal contra a clase traballadora.
  
Non hai formulas máxicas, compañeiros. A mellor ferramenta da clase traballadora para defender os seus dereitos é a mobilización e a loita organizada e permanente.

Hoxe, como nunca antes, é necesaria a unión de todos os traballadores en torno a organizacións de clase, asemblearias, combativas e que demostren día a día o seu compromiso inquebrantable cos traballadores.

Os traballadores debemos poñer pe en firme e berrar ben alto, ben forte e ben claro que XA ABONDA. Non podemos tragar con isto.
Xa abonda de peches, xa abonda de despidos, xa abonda de condicións laborais penosas, xa abonda de explotar ós traballadores e xa abonda de meter medo a xente.

O Partido Comunista de Galicia rexeita enerxicamente os despedimentos na empresa Cándido Hermida. Manifestamos o noso total apoio ós traballadores e traballadoras e ás súas movilizacións e condenamos á dirección da empresa pola súa pretensión de aterrorizar ós traballadores.

Dende o PCG facemos un chamado ós veciños de toda a comarca de Ferrolterra a apoiar sen fisuras a loita do persoal de Cándido Hermida, na defensa dos postos de traballo de da nosa dignidade como traballadores: defendendo ós compañeiros, nos estamos a defender todos.

NON OS DESPIDOS EN CANDIDO HERMIDA!

NON O TERRORISMO PATRONAL!

VIVA A LOITA OBREIRA!

 

Categorías: Ferrolterra

Comparte: