COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Concurso de Rap do Centenario

27 de maio de 2021
  1. Participantes:

O concurso está dirixido a mozas e mozos entre 12 e 30 anos de calquera parte do Estado.

  1. Requisitos:

 

  • As letras serán orixinais e con temáticas que xiren ao redor de cuestións sociais e políticas.

  • Haberá que presentar o tema interpretado en formato vídeo. Este non ten que ser un videoclip, quedando esta cuestión en mans da artista.

  • Os temas non poden exceder os 2 minutos de duración e non precisan de gravación profesional.

  • Será preciso presentar a letra xunto co vídeo para a correcta inscripción.

  • O xurado resérvase o dereito de rexeitar cancións presentadas se se consideraran non apropiadas.

 

  1. Inscrición e prazo:

 

  • Quen participe deberá enviar un correo a  concurso@xcgalega.org co asunto CONCURSO RAP + NOME DA ARTISTA antes do 15 de agosto de 2021, aportando no mail o seguinte:

    • Datos persoais (Nome, apelidos, DNI e data de nacemento)

    • Arquivo de texto coa letra

    • Arquivo de vídeo coa interpretación do tema

 

  1. Xurado e decisión:

 

  • O xurado elexirá unha gañadora e un segundo e tercer posto.

  • O xurado estará composto por catro membros, entre os que se atopa o streamer Iago ABD e Garchu do grupo Ezetaerre.

  • O premio poderá declararse invalidado de darse situacións como baixa participación ou falta de adecuación das letras á temática proposta.

 

  1. Premio:

O premio consistirá nun pack valorado en máis de 200 euros para facer o teu propio home studio e gravar con calidade a túa música.

Categorías:

Comparte: