COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Conflicto en Maessa: Basta de debilidade ante a chulería da patronal

20 de febreiro de 2024

O despedimento de tres compañeiros traballadores de MAESSA (auxiliar de Navantia-Ferrol) é un novo exemplo de represión sindical

Nesta empresa son habituais as prácticas mafiosas e as represalias: ameaza e despide traballadores por exercer dereitos laborais ou por opinar. Ten varias condenas en tribunais por violar os dereitos sindicais, por despedir os que se atreven a presentarse ás eleccións con organizacións distintas ó chiringuito amarillo que mangonea a dirección.

Nos conflitos destes días polo calendario laboral, o exceso de xornada e a imposición do turno de tarde, queda claro que MAESSA está afeita a actuar con chulería e prepotencia porque os seus actos nunca teñen unha resposta rotunda e unitaria.

Basta de debilidade e de aturar que os delincuentes impoñan a súa lei! 

Ante cada agresión, hai que respostar como máis lles doe: parando de xeito inmediato a produción en Fene e Ferrol. Navantia é co-responsable. Hai que repercutirlle as consecuencias por contratar empresas mafiosas e permitir estas prácticas.

Dende o Núcleo de Ferrolterra do Partido Comunista de Galicia, chamamos a todos os traballadores e traballadoras a actuar unidos, principal e auxiliares, solidariamente. A forza dos traballadores é a organización e a unidade.

OS TRABALLADORES DEBEMOS REACCIONAR CONTUNDENTEMENTE CONTRA ESTES MAFIOSOS
BASTA DE REPRESALIAS!

En Ferrol, a 20-02-2024
 

Categorías: Ferrolterra

Comparte: