COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Conmemoración do 170º natalicio de José Martí

29 de xaneiro de 2023

Un acto conmemorou en Pontevedra o 170º natalicio de José Martí. Foi organizado pola Asociación de Amizade Galego-Cubana #FranciscoVillamil e nel se reivindicou a solidariedade con Cuba e o seu dereito a desenvolver un proxecto político, social e económico propio.

O acto foi conducido por Luisa Cuevas Raposo, en nome da asociación, quen reivindicou, non só o carácter conmemorativo da actividade, senón tamén a solidariedade con Cuba e o seu dereito a desenvolver un proxecto político, social e económico propio, o que “está a ser impedido polo tremendo bloqueo norteamericano”, polo que apuntou que a solidariedade “segue sendo máis necesaria que nunca”.

Cuevas aproveitou para denunciar, ademais, o “bloqueo informativo” e aproveitou para facer un chamamento para visitar e difundir as páxinas terrasenamos.org e cubainformación.tv.

Por último, fixo un chamamento a asociarse como forma de apoio ao movemento solidario con Cuba na Galiza

Categorías: Ferrolterra

Comparte: