Hai xa anos que o acceso á vivenda é para a clase obreira unha enfermidade permanente e dexenerativa. Escaseza de alugueres ofertados habendo infinidade de vivendas baleiras, prezos desorbitados e en ascenso ano a ano, condicións abusivas nos contratos, hipotecas usureras… súmanse a á escaseza de Vivendas de Protección Oficial (VPO) e á falta de interese das institucións do Estado pola súa promoción. Só en Galicia hai 18.054 demandantes, porén os datos de adquisición de VPOs por parte da Xunta de Galicia roza o ridículo, nos últimos anos (entre 2014 e 2021) tan só 675 vivendas e se ben hai 737 programadas para 2024 en toda Galicia, esa oferta non chega a cubrir a demanda de Santiago de Compostela.
A problemática de acceso á vivenda da clase obreira debería estar marcada cunha prioridade especial, e pola contra vemos como as institucións do Estado, lonxe de volcar esforzos en protexer á clase obreira da especualción burguesa, case que ningunean esta cuestión. Todo parece indicar que os beneficios da burguesía teñen prioridade sobre o dereito a unha vivenda digna da clase obreira.
Juan José Yáñez, Secretario Xeral de APROINCO (Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña) confesa que dende que a Xunta permite vender máis caro (2021) pode que as VPOs comecen a ser rentables para os constructores.
En definitiva, a promoción ou non de VPOs non depende das necesidades materiais da clase obreira para poder acceder a unha vivenda, senón de se a burguesía inmobiliaria e da construcción aumenta a súa plusvalía ao obter a concesión dos contratos.
Unha vez máis comprobamos que as institucións que nos gobernan non toman decisións pensando nas nosas necesidades e intereses, senón en función das posibilidades de maximización de beneficios das empresas e os seus propietarios.
Estado e capital alianza criminal.
Loita contra eles. Únete ao PCG.