COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Contra os despidos no sector naval. En apoio aos traballadores do estaleiro Metalships

28 de novembro de 2022

Nos últimos meses, os traballadores e traballadoras do sector naval na ría de Vigo veñen sufrindo unha escalada represiva por parte da patronal. Durante o 2022 o capital intensificou a persecución aos lideres sindicais coa finalidade de descabezar o movemento obreiro no sector.

O Partido Comunista de Galicia mostra a súa total condena ante a escalada represiva e manifesta o seu apoio a todos os traballadores despedidos, nunha clara vulneración dos dereitos fundamentais. Pedimos, de forma clara e inequívoca, a readmisión inmediata dos delegados sindicais do naval recentemente despedidos.

Así mesmo, o Partido Comunista manifesta a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de Metalships na loita polo mantemento do emprego nun estaleiro esencial en Vigo e que foi e é un núcleo de organización obreira fundamental na nosa bisbarra.
Manifestamos o noso rexeitamento á posible venda especulativa do estaleiro, máxime cando o espazo no que está é de dominio público. Entendemos que as administracións públicas deben tomar parte e garantir un futuro industrial para Metalships.

O PCG aposta pola nacionalización de sectores estratéxicos e que xeran gran valor engadido como é o caso do Sector Naval.
Despedidos readmisión!

Viva a loita da clase obreira!

Categorías:

Comparte: