As costas galegas son víctimas dende mediados do século pasado dunha incesante achega de verquidos e contaminantes procedentes dos grandes cargueiros que atravesan as nosas augas.
O buque 'Toconao' perdeu 6 contedores á altura de Viana do Castelo, preto de augas galegas. Un deses contedores, da empresa polaca Bedeko Europe, contiña millares de sacos, cheos de millóns de pellets de plástico. Estas bolas de 5 mm de diámetro utilízanse como materia prima para a fabricación de todo tipo de produtos.
Desde a comunidade científica e os colectivos ecoloxistas advirtese que a vertedura é perxudicial para os ecosistemas mariños, agravando o problema da presenza de micropásticos na cadea alimentaria de diferentes especies mariñas. En último termo son tamén potencialmente perigosos para o ser humano como parte da súa propia dieta ou pola redución de servizos ecosistémicos proporcionados polos ecosistemas afectados.
Este accidente súmase á longa lista de desgrazas acaídas no noso litoral debido, en última instancia, a esencia depredadora do capital. A anárquica estrutura de cadeas de producción para a redución de costes xera unha sobre utilización do transporte marítimo. Un buque mercante trasladaba, entre outras mercadurías, pellets de plástico dunha empresa polaca, que recibiría a materia prima dalgún país produtor de derivados de petróleo e que na súa propia web indica que ten fábricas ao redor de Europa e Asia e con expectativas de crecemento.
Isto podemolo multiplicar por cada contedor de cada buque mercante. É dicir, mantense unha barata rede loxísitica e de transporte sobredimensionada con respecto as necesidades da sociedade, para a redución de custos de producción. Ao mesmo tempo, mentres o comercio marítimo, responsable do 80% do transporte de mercadurías, creceu en torno a un 3,3% nas últimas décadas, a flota mercante envelleceuse nos últimos dez anos pondo en perigo a seguridade medioambiental. Galicia, pola súa situación xeográfica, sitúase ao carón dunha das rutas mercantes máis intensivas do mundo, sendo un punto de extremo perigo, potencial e de facto, para sufrir as consecuencias deste demencial sistema.
A responsabilidade do transporte, segundo a empresa Bedeko Europe, recae na naviera danesa Maersk, responsable de asegurar a carga. Esta compañía posee un 15% da totalidade das operacións de transporte marítimo mundial e exerce unha influencia monolopolística no mercado europeo debido os colos de botella que se producen nos sistemas loxísticos. A naviera pode afrontar as accións legais e as potenciais multas no marco da laxa lexislación europea porque sae máis a conta que asumir os custos medioambientais reais das súas operacións. O baixo ou nulo control exercido por parte das institucións europeas tanto da propiedade fraudulenta dos buques, como a falta de control e vixilancia nas principais rutas marítimas, pecha o círculo da impunidade da naviera e, en última instancia do capital europeo e internacional, que pode seguir operando a prezos por debaixo dos custos sociais e medioambientais.
En Galicia sabemos ben que en raras ocasións as navieras asumen os custos. O buque causante do verquido ten pabellón liberiano (e por tanto rexido polas leis dese país, unha das bandeiras máis utilizadas polos armadores para aforrar gastos en seguridade) a súa armadora está radicada en Bermudas, a empresa propietaria é unha naviera fundada por un alemán con domicilio fiscal en Chipre e esta estaría subcontratada por Maersk. Un intrincado entramado empresarial deseñado para que o responsable da contaminación acabe por non pagar polos danos.
Pero a impunidade do capital por facer e desfacer no medio natural non é o único drama. Os responsables políticos da Xunta de Galicia están demostrando unha vez máis a súa incapacidade para xestionar uns accidentes que son e serán recurrentes no noso país mentres as lóxicas de reducción de custes estén por riba do medio e dos intereses de saúde pública.
A Xunta está a actuar de forma neglixente e escurantista. Dende mediados de decembro cando xa se obtiveron os primeiros indicios do verquido, ata o día 5 de xaneiro non se activou ningún tipo de protocolo de emerxencia, e non activou medidas de actuación nos 18 días previos á chegada dos plásticos ás praias, tempo no que se podería ter evitado gran parte da contaminación interceptando os sacos no mar. A falta de recursos contra emerxencias, así como a súa externalización a empresas privadas, crea, como ocorreu manifestamente no caso “Prestige”, que diversos intereses se misturen á hora de pór todos os recursos para salvar o medio. Así mesmo, non comunicou nin a concellos nin á veciñanza ata que era inútil ocultar o evidente. Unha vez que a noticia saltou, a Xunta adícase ben a intentar botar o problema ao goberno central (con menores competencias) e minimizar ao absurdo os potenciais danos no medio que os pellets producen nos ecosistemas mariños. Seguramente nun intento por non revivir o recordo do Prestige no pobo galego volven a cometer os mesmos erros. Os mesmos responsables, mesma neglixencia, mesmas mentiras.
E de novo, o pobo é a única defensa para paliar os efectos dun sistema depredador e dunha administración connivente e neglixente. Centenares de galegas e galegos estanse a organizar para o avistamento dos contaminantes e limpeza da costa. Unha empresa que externaliza a suministración co único obxetivo de reducir os seus custos e que interpreta os danos que se están provocando nas costas galegas como custos, baixo a complicidade do goberno galego, son as culpables desta catástrofe.
O PCG, estará presente, xunto cas veciñas das zonas afectadas, nas accións que se levarán acabo os próximos días para minimizar as conecuencias dos risgos para a saúde pública que impón o capita