COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

DENDE O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA CONDENAMOS A MORTE DUN TRABALLADOR NOS ESTALEIROS DE VIGO

25 de novembro de 2022

Esiximos a recuperación das Mesas de Prevención e Saúde Laboral e que se concreten melloras nas condicións laborais e de seguridade nas empresas do sector naval.

 

Dende o Comité Comarcal do Partido Comunista de Galicia na comarca de Vigo queremos expresar a nosa profunda dor pola morte este xoves 24 de novembro dun traballador do estaleiro vigués Cardama no seu centro de traballo. O traballador atopábase nese momento descargando unha prancha de aceiro de grandes dimensións cando quedou atrapado debaixo da mesma.

Dende o PCG sumámonos ás voces que dende o mundo sindical levan pedindo dende hai anos unha mellora substancial das medidas de seguridade e esixen que se convoque a Mesa de Prevención e Saúde Laboral que leva máis de 12 anos sen celebrarse. De maneira regular prodúcese un goteo continuo de lesións, enfermidades e, nos peores casos, mortes nos postos de traballo que poden ser evitadas. De feito, segundo as estadísticas do Ministerio de Traballo, no que va de ano faleceron 623 persoas en accidentes de traballo, un 18% máis que no mesmo período do ano pasado. Pontevedra é unha das provincias do Estado Español onde se rexistraron máis mortes.

Sen embargo, o deterioro das condicións laborais das empresas auxiliares do sector naval e as continuas presións que sofren os seus traballadores e traballadoras están pondo nun grave risco as súas vidas. Para o PCG na comarca de Vigo é urxente pór freo ás condicións indignas de traballo e a inseguridade laboral que impoñen as empresas co obxectivo de ampliar os seus beneficios. Neste sendo, a Inspección de Traballo ten que xogar un rol máis activo para garantir a protección dos traballadores para que estes non sigan perdendo a vida.

Dende o Partido Comunista de Galicia na comarca de Vigo reiteramos o noso compromiso coa mellora das condiciones de traballo, prevención e seguridade laboral da clase traballadora e sumámosnos a convocatoria de paro e a manifestación convocada polos sindicatos para este venres ás 9:30 para esixir melloras na prevención e seguridade no sector.

Categorías:

Comparte: