Salvador Allende representa a loita antiimperialista e a aspiración socialista da clase traballadora, cun goberno de profundo contido popular que logrou en pouco tempo avances e transformacións sociais.
Con todo, a experiencia chilena confirma a tese leninista: o estado burgués, coas súas forzas armadas, xudiciais e a clase político-burocrática, está deseñado para defender os privilexios e a ditadura da clase capitalista.
O ocorrido en 1973 en Chile ensínanos que a burguesía e o imperialismo non van ceder xamais o seu poder mediante eleccións e que a “vía pacífica ao socialismo” partindo da "democracia burguesa" é unha ilusión reformista: Antes recorrerán ao fascismo que permitir a transición socialista.
O legado de Allende, a súa dignidade e entrega, deben honrarse comprendendo que a conquista do socialismo esixe de maneira incuestionable a ruptura revolucionaria co estado burgués e a construción do poder popular, implantando a Ditadura do Proletariado defendida pola clase obreira empuñando as armas.
Allende e Chile conforman outra das nosas dolorosas leccións históricas. Foi unha crúa demostración da natureza burguesa, que ante a mínima ameaza aos seus privilexios, despreza a súa propia legalidade e recorre á violencia máis brutal. O reformismo, por benintencionado que sexa, subestima esa natureza do estado burgués.
Allende caeu defendendo unha Constitución que o inimigo de clase traizoara. O seu sacrificio ensínanos que o avance ao socialismo non se conquista en institucións alleas á clase obreira. A loita de clases se libra no terreo do poder real, as rúas, non no parlamento. Honremos a súa memoria aprendendo a lección.
Allende Vive!