No aniversario do triunfo da Revolución Cubana, lembramos con orgullo a xesta histórica do pobo cubano encabezado por Fidel Castro, que en 1959 abriu o camiño cara á soberanía, a xustiza social e a dignidade nacional fronte ao imperialismo.
Resulta imprescindible denunciar e condenar con firmeza o criminal bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos contra Cuba, unha agresión prolongada no tempo que busca asfixiar ao pobo cubano e castigar a súa decisión de ser libre.
A pesar desta inxusta agresión, a Revolución Cubana demostrou os seus enormes éxitos, especialmente na sanidade e na educación, recoñecidos a nivel mundial, así como no seu exemplo de internacionalismo solidario, levando médicos, cooperación e esperanza a numerosos pobos do mundo.
Cuba segue a ser un símbolo de resistencia, solidariedade e dignidade para os pobos que loitan pola súa emancipación.
Viva Cuba Libre!




