COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

EN APOIO AS REIVINDICACIÓNS DO PERSOAL DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DE GALICIA

25 de abril de 2023

O Partido Comunista de Galicia quere manifestar o seu total apoio ás reivindicacións do persoal do transporte de viaxeiros por estrada nas súas reivindicacións na negociación do convenio colectivo que se está a negociar nas catro provincias galegas.

Tendo en conta que a última revisión salarial do seu convenio foi no ano 2020  e que o IPC acumulado dende entón chega ao 12,7%, a última proposta da patronal de un incremento salarial do 0,8% para este ano resulta ridícula e supón unha evidente perda de poder adquisitivo para as traballadoras e traballadores. A maiores, o persoal reclama mellores condicións para o persoal acompañante , que é maioritariamente feminino e ten contratos de ata media hora, conciliación laboral e familiar, xornada laboral e permisos retribuídos.

Para o PCG é incomprensible que un colectivo como o do persoal do transporte de viaxeiros, no que recae unha enorme responsabilidade non vexa recoñecida a súa importancia e que paguen as consecuencias dun modelo de contratación  público no que se permite que as empresas compitan en base a recortar pola parte dos salarios ou mesmo poden chegar, tal e coma se está a investigar xudicialmente, a facer pactos para ofertar prezos máis baratos.

En todo caso, para o PCG a orixe do conflito é o propio modelo de xestión dun servizo público  a través de empresas privadas que en todo caso sempre buscan abaratar os custes a través de recortar dereitos laborais..

Categorías:

Comparte: