COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

EN APOIO ÓS BOMBEIROS COMARCAIS, CONDICIÓNS LABORÁIS DIGNAS E UN SERVIZO PARA A CLASE TRABALLADORA

25 de outubro de 2023

O Partido Comunista de Galicia fai un chamamento á clase obreira a apoiar as mobilizacións dos bombeiros comarcais na súa loita por acadar unas condicións laboráis dignas e un servizo que cubra as necesidades da nosa clase.

O pasado xuño, tras vinte anos arrastrando as mesmas condicións laboráis e de servizo, os parques de bombeiros comarcais de Galicia comezaron unha folga que continua a día de hoxe. A pesar deste exemplo de loita, a administración segue a ningunealos, non tomándose en serio en ningún momento as súas reivindicacións e chegando a darlles plantón nalgunhas das xuntanzas marcadas para a negociación.

Cando o servizo era xestinado por empresas privadas os bombeiros estaban sometidos de forma constante a ameazas de despido, a expandir a súa xornada laboral por falta de persoal ou a recortes en materiais e dotacións dos parques. Unha vez recuperada a xestión do servizo por parte da administración pública a situación non mellorou en absoluto: salarios de 1200€, horas extras pagadas a 10€, seguen sen ser persoal fixo, e carecen dun convenio autonómico que unifique as condicións laboráis de todos os parques de Galicia. Isto fai que sexan os bombeiros peor pagados do Estado e chegou o momento de dicir basta.

A enorme dignidade dos bombeiros xunto ao apoio da clase obreira fará que consigamos as melloras que piden para poder ter postos de traballo dignos. Con soldos que permitan vivir sen facer malabares a final de mes, e con dotacións que eviten ao máximo posible os posibles accidentes que se poden dar desenvolvendo o seu traballo. A clase obreira precisamos dos corpos de bombeiros para desenvolver con tranquilidade as nosas vidas e por iso dende o PCG facemos este chamamento de apoio á súa loita. 

Pero non nos engañemos, a loita pola mellora das condicións laboráis non é máis que unha das batallas que teremos que dar no camiño á revolución. A xestión pública dos servizos, non é garante do seu funcionamento ó servizo da clase traballadora, e dende logo non asegura unhas condicións dignas para as taballadoras. Só un servizo público xestionado pola clase obreira poderá garantizar o servizo público que precisamos. Os bombeiros están renunciando ao seu salario, para loitar pola mellora dun servizo que non so é para elas, que é para todas nós. 

Por un servizo público xestionado polas traballadoras en favor da clase obreira!

Categorías:

Comparte: