COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

En defensa da sanidade pública.

30 de setembro de 2021

Desde o PCG apoiamos as diversas mobilizacións se están a desenvolver con forza na Área Sanitaria de Vigo por plataformas diversas e sindicatos.

A Sanidade esta transferida as comunidades, polo que o responsable en Galicia do deterioro da Asistencia é a Xunta do Sr. Núñez Feijóo.

Antes da pandemia da Covid-19, a Atención Primaria xa atravesaba unha profunda crise estrutural, como consecuencia dos recortes nos orzamentos aplicados polos sucesivos gobernos do Partido Popular.

Na pandemia priorizouse na Atención Primaria a consulta telefónica sobre a presencial o que impediu o acceso equilibrado dos pacientes ós centros sanitarios e unha enorme limitación da calidade do modelo sanitario

Suspendéronse a realización de probas e controis de saúde periódicos sobre todo en pacientes con patoloxías crónicas.

Hoxe temos esperas para ser atendidos polo médico de forma telefónica no Centro de saúde de mais de 10-12 días, que pode chegar a un mes para unha consulta presencial si o considera o médico.

As barreiras de acceso á AP favorecen a privatización, coa correspondente fuxida das persoas con maior capacidade económica aos seguros privados, que na actualidade xa supón un 20% da poboación.

A Xunta do PP di que non hai persoal médico e de enfermaría para contratar. Isto é parcialmente certo, pero o problema é a política de contratación do SERGAS, xa que ao persoal que remata a súa formación de especialista en Medicina de Familia non se lle ofrecen contratos decentes en Atención Primaria


 

Para reverter esta situación, é necesario:

- A apertura dos Centros de Saúde, con consultas presenciais como única maneira de garantir a igualdade de oportunidades á poboación, nun entorno seguro que manteña as medidas hixiénicas e sanitarias; máscaras e distancia social.

- Mellorar a accesibilidade acabando coas listas de espera, reducindo as demoras a 24-48h, co desdobramento das consultas e o incremento de persoal para a súa atención. Limitando as consultas telefónicas ou telemáticas a actividades complementarias que non limiten ou interfiran a necesaria relación persoal e presencial entre traballadores da AP e a poboación. E que non sigan discriminando aínda máis ás persoas maiores ou con dificultades culturais e formativas no manexo das novas tecnoloxías.

- Incrementar de maneira urxente o orzamento sanitario, destinado a Atención Primaria. O obxectivo sería acadar o 25% do presuposto en 5 anos, estes orzamentos deben ser Finalistas para que non rematen noutras partidas.

- Contratar e acabar cá precariedade laboral do persoal, implementando un “Plan de Mellora da Atención Primaria” que redimensione os equipos multidisciplinares para dar cobertura ás necesidades de saúde da poboación.

- Impulsar programas de sanidade preventiva.


 

Desde o PCG apoiamos as diversas mobilizacións convocadas particularmente na Área Sanitaria de Vigo por plataformas diversas e sindicatos.

Como mobilizacións inmediatas destacamos.

30-09-21. Manifestación en Vigo. Convoca a Xunta de Persoal desta área sanitaria

02-10-21. Concentración en Gondomar. Convoca Plataforma en Defensa da Sanidade publica de Gondomar


 

Vigo, 28-09-21

COMITÉ COMARCAL DO PCG

Categorías:

Comparte: