COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

En solidariedade con Palestina: todos ás rúas e boicot a empresas colaboradoras do regimen sionista!

12 de xaneiro de 2024

Desde o agravamento da agresión sobre Gaza, hai 93 días, o rexime sionista de Israel asasinou a máis de 23.000 palestinos, dos cales, polo menos 9600 son nenos. Mais de tres meses de agresión que deixaron hospitais e escolas arrasadas, edificios de culto ou estudo e infraestruturas básicas esnaquizadas, instalacións inutilizadas ou subministros cortados. A matanza e destrución planificada e sistemática levada a cabo por Israel deixa detrás o 85% da poboación desprazada e 500.000 persoas sen fogar ao que regresar, tras ver reducidos a entullos barrios residenciais enteiros. 

A intención de continuar por esta senda de destrución queda patente nas declaracións de Netanyahu e os seus ministros, falando da anexión dos territorios recentemente ocupados ou do desprazamento forzado dos civís palestinos a outros países da contorna. A vergoñosa complicidade e o apoio loxístico, económico e armamentístico de EEUU, pero tamén dos países da UE, foron clave para a genocida campaña de Israel contra Palestina. Ante esta situación, Sudáfrica presenta, o pasado 29 de decembro, unha demanda contra Israel por crimes de lesa humanidade contra o pobo palestino, na que alega violacións contra a Convención para a Prevención e a sanción do Delito de Xenocidio. A acción continúa, cunha chamada internacional a que todos os Gobernos e todo tipo de organizacións adhíranse á denuncia. 

Desde o Partido Comunista de Galicia esiximos ao Goberno de España a ruptura inmediata de relacións diplomáticas con Israel, así como o cesamento do comercio de armas co mesmo e o recoñecemento do Estado Palestino; a dimisión inmediata da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen; a retirada das frotas de apoio de EEUU e instamos o Goberno de España a adherirse á denuncia ante a Corte Internacional de Xustiza. 

Así mesmo, facemos un chamamento a organizar e secundar as convocatorias de solidariedade con Palestina e as accións de boicot a empresas colaboradoras do regimen sionista.

Categorías:

Comparte: