Entrevistamos a Dana Lago, representante do comité de empresa de HyM na súa sede en Vigo, sobre o ERE que recentemente lanzou a empresa.
Pregunta: O conflito que tedes actualmente comeza polo ERE de 1066 traballadores que HyM presenta para 94 tendas que ten por todo o estado, cando comeza o conflito e cal o obxectivo da empresa dende un inicio?
Resposta: O pasado 6 de abril H&M comunica ás súas plantillas un ERE tan desproporcionado debido ó crecemento do canal online. Xustifican que a empresa necesita facer cambios para adaptarse a un novo modelo de comercio no que considera que os seus empregados/as máis veteranos son prescindibles. Se comparamos o ERE que fixo en España co de outros países europeos, a proporción de despido colectivo no nóso país é máis do dobre, estamos falando do 20 % dos traballadores.
Cando comezou a pandemia a empresa comprometeuse a facerse responsable dos nosos salarios e a coidar ós seus equipos, pero unha semana máis tarde decidiu acollerse ó ERTE que ofrecía o goberno co fin de manter os nosos postos a salvo, pero parece que para unha empresa cuns ingresos millonarios non foi dabondo.
P: Logo de case 14 meses de pandemia, un ERTE e agora un ERE, como está a plantilla e o seu comité? Como se organiza a plantilla ante esta situación? Que niveis de sindicación ten a empresa no seu centro de Vigo?
R: Como para toda a población, a pandemia e as consecuentes restriccións fixeron este último ano moi duro, por non falar dos problemas que se produciron co SEPE e que provocaron que moitos de nós non cobráramos nada durante o periodo do confinamento.
Dende o primeiro momento no que tivemos as nosas tendas abertas houbo un gran movemento de clientes e ventas, e pensabamos que poderíamos voltar á nosa rutina sen máis sobresaltos.
A finais de maio de 2020 comezamos a traballar cun ERTE parcial que en cuestión de dúas semanas desbotouse para recuperar as nosas xornadas habituais debido á carga de traballo. Este ano trala baixada das ventas posteriores ó Nadal e ás rebaixas volven facernos un ERTE parcial porque polas resticcións en Galicia houbo que pechar os comercios ás 6 da tarde.
Despóis de acollerse a estas axudas, o último que imaxinaban os traballadores/as e que a empresa tomara unha decisión tan miserable hacia uns empleados/as que levan 15 anos traballando para eles.
Dende o minuto un de recibir o comunicado do ERE (Despido colectivo- art. 51 e de Modificación sustancial das condicións - art. 41) tanto os equipos como o comité puxémonos en pé de guerra e planificamos o noso propio calendario de paróns para demostrarlle á empresa que somos necesarios e que cando as súas tendas están pechadas perden moitos cartos.
Fixéronse asambleas para informar ós traballadores/as e tivemos unha comunicación continua entre as 3 tendas da provincia.
O noso comité está composto por varios representantes de diferentes sindicatos como UGT, CCOO e CIG e gracias ó apoio de todos puidemos facer máis forza.
P: Os datos de seguimento do paro da pasada semana foron moi bos, os sindicatos falabades dun 100% de seguimento, que vos motivou a convocar este paro? que estratexias plantexades para continuar presionando á empresa?
R: O seguimento tanto das folgas como dos paróns teño que dicir que foi realmente admirable. O plantexamento dos sindicatos maioritarios no país (CCOO e UGT) foi facer un calendario de folgas e paróns con permisos para todas as provincias, para que todos os territorios manifestáranse á vez.
Moitos compañeiros/as de todo o país (incluíndo á provincia de Pontevedra) comezaron as súas manifestacións antes do marcado polos sindicatos para facer esa presión tan necesaria dende o primeiro momento xa que, durante o proceso das negociacións H&M seguiu pechando tendas sen esperar a unha resolución do conflicto e actuando de mala fe.
A día 21 seguimos esperando por un peche de negociacións coherente e esperamos que se resolva canto antes. Se a empresa non está disposta a dar unha negociación digna, os equipos seguiremos presionando e faremos todo o posible por dificultar a preparación das próximas rebaixas así como o seu comezo.
P: Baixo que pretexto xustifica a empresa o ERE para Vigo? E compatible este ERE co preacordo que teñen Vialia e HyM para a instalación dunha tenda no novo centrO comercial?
R: Ata agora a apertura de Vialia seguía sendo un segredo a voces. Mentres a prensa falaba desta obra dende hai máis dun ano, H&M insistía en non falar desa apertura imposibilitando así unha posible recolocación dos compañeiros/as.
A empresa deixa moi clara a súa intención de desfacerse de empregados/as con máis antiguedade ou con concrecións de xornada e por suposto isto é inaceptable e incompatible co ERE.
O que pretende H&M é ter a súa disposición empregados máis flexibles, máis xornadas parciais e un equipo Management máis reducido. unha vez máis precarizar os nosos postos.
P: Baixo o pretexto do cambio de modelo de negocio, dunha tenda presencial a venda por internet, no PCG entendemos que novamente o peso da precarización laboral recae nos ombreiros das mulleres e de curta idade, perfil predominante nas tendas cara un perfil IT e de loxistica, onde predominan os homes. Como analizades esta realidade no sindicato?
H&M plantexa sempre o seu plan de igualdade presumindo con que contan cun gran número de mulleres traballando para eles, pero como ben dis a precarización dos postos de traballo sempre recae en nós. O 90% das nosas plantillas están compostas por mulleres e na súa maioría a tempo parcial. Xa nos atopamos cuns soldos precarios e pretenden desfacerse de nós sen contar con facernos partícipes dese cambio de modelo de negocio.
Dende as tendas, comités e sindicatos solicitamos máis transparencia e que conten con todas e todos os traballadores que queiran manter os seus postos coas mesmas condicións que tiñan ata agora; que paren de presionar e castigar ás mulleres por ser nais e ter unha conciliación familiar; e pedimos formación para os traalladores/as para adaptarnos xuntos os cambios venideros. Se paramos as mulleres, párase o mundo.
Nota da edición: no momento de publicar esta entrevista xa se resolveu o conflito coa empresa, que grazas a uns seguimentos das folgas superiores ao 95% en todo o estado, o número de traballadoras afectadas polo ERE baixou do 1066 a 349 e, no caso concreto da tenda en Vigo, evitar o peche garantindo os postos nun novo emplazamento do local.
Non podemos considerar que o acordo é positivo posto que se ve afectada unha grande parte das traballadoras actuais da empresa máis cómpre sinalar que sin o traballo sindical de base e a mobilización obreira non se terían conseguido estes avances. A Loita, unha vez máis, é o único camiño.