COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Eva Solla presenta o centenario do PCE cun chamado a manter viva a loita obreira.

22 de marzo de 2021

A secretaria xeral do PCG, Eva Solla, ven de presentar hoxe un avance das actividades que baixo o lema “Un futuro con Partido” desenvolveranse en conmemoración do Centenario da fundación do Partido Comunista de España este ano 2021.

Anuncio decidiuse realizar no peirao de Bouzas en homenaxe a ese Vigo obreiro que en democracia e clandestinidade viu como as e os comunistas estiveron ao fronte das loitas dos traballadores polos seus dereitos. Como recordou Eva Solla “unha débeda con persoas como Waldino Varela, como Carlos Nuñez e tantos outros camaradas que foron protagonistas das pelexas que posibilitaron que hoxe poidamos desfrutar de liberdades

Como destacou a secretaría xeral iniciamos un Centenario que “non só servirá para reivindicar a memoria colectiva do Partido Comunista, senón a necesidade de manter viva a loita obreira. Unhas celebracións que orientaranse a poñer en valor os principios emancipadores que dende 1921 todas e todos os comunistas levan impresos no ADN”. Principios hoxe plenamente vixentes atendendo aos devastadores efectos da pandemia da covid-19 e da crise económica do 2008. Cunha pobreza que alcanza xa aos cinco millóns de españois, nun camiño continúo de perda de dereitos, ten máis forza que nunca a mensaxe e a loita comunista.

Unha presentación da que saíu un chamado ao conxunto de forzas da esquerda e traballadores a participar activamente nas diferentes actividades que se despregarán ata o próximo 14 de novembro en Galicia e no resto do Estado. Como sintetizaba Eva Solla “as liberdades conseguidas grazas á loita impulsada polo Partido Comunista son as liberdades democráticas que debe celebrar o conxunto de traballadoras e traballadores do país” resaltando o papel de todos eses homes e mulleres que acompañaron á organización ao longo destas últimas décadas.

Neste sentido informouse dos primeiros fitos que conformarán o programa do Centenario do PCE en Galicia anunciándose a convocatoria este próximo 3 de xullo dun grande acto nacional para reivindicar a traxectoria e futuro das ideas comunistas. Ademais deste evento de marcado carácter político remarcouse o peso das actividades culturais e a batalla das ideas dentro da axenda cunha iniciativa de poesía en redes no cabodano da publicación de “Catro poemas para catro gravados” do poeta comunista Lorenzo Varela, a presentación en diversas vilas galegas da exposición “A Bernarda Espida”, un certame de hip-hop para achegarnos ás capas máis novas das galegas e galegos, e o propio concurso de relatos cortos lanzado polo PCE este mes.

Categorías:

Comparte: