COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Ferrol lembra a José Couso, ó cumplirse 21 anos do seu asasinato por militares de EEUU

6 de abril de 2024

Celebrouse en Ferrol o acto anual de homenaxe ó cámara José Couso e o seu compañero Taras Protsyuk, ó se cumpliren 21 anos do seu asasinato durante a cobertura da ilegal invasión de Irak por parte de EEUU. O acto tivo lugar na Praza da Paz, que lembra ó reporteiro no barrio de Esteiro.

A similitude co conflicto en Israel, onde os genocidas sionistas están a asasinar selectivamente a periodistas, volve recordar o crime de guerra que nos arrebatou a Jose Couso. 

Durante a lectura do texto sinalouse que a familia de José Couso continúa a loita para que "máis pronto que tarde volva a cordura ás institucións encargadas de investigar, reparar e facer xustiza para un ciudadano asasinado por exercer a libertade de prensa e información".

HOMENAXE EN OLEIROS

Por outra banda, familiares e amigos do reporteiro se concentraron en Oleiros para pedir xustiza polo seu asasinato.

Durante 20 años teñen repetido a súa protesta ante a embaixada dos Estados Unidos, en Madrid, pero desta volta o acto homenaxe se trasladou a Galicia, ó parque que leva o nome de José Couso en Oleiros

 

Categorías:

Comparte: