COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Ferrolterra | 30N, Manifestación por un ferrocarril do Século XXI

11 de novembro de 2025

O Comité comarcal do PCG en Ferrolterra súmase á convocatoria do Foro Cidadán polo Ferrocarril chamando o 30 de novembro a unha manifestación que sairá as 12:00 horas de Estación do tren de Ferrol.

Facemos nosas as denuncias do deficitario servizo de comunicación por tren que padecemos as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, excluídas do proceso de modernización do transporte ferroviario. 

A movilización reclama:

  • Máis frecuencias e mellores servizos no traxecto entre Ferrol e A Coruña, nunha viaxe reivindicativa que os levou ata Pontedeume.
  • Unha comunicación ferroviaria que se adapte ás necesidades dos usuarios. 

Amplo calendario de movilización e acción

O Foro Cidadán polo Ferrocarril ven de promover e levar a cabo un calendario reivindicativo para facer renacer o clamor social pola deficiente comunicación ferroviaria da área de Ferrol. O tren debe ser unha opción válida de transporte para os veciños de Ferrolterra e un elemento clave na dinamización da comarca.

Sen conexión con Madrid

Ferrol é, que dende o pasado verán a única cidade de Galicia sen liña directa a Madrid.

Por un ferrocarril do Século XXI

O ferrocarril é parte esencial dun novo modelo de transportes, onde primen os intereses da clase traballadora e non os do beneficio de catro especuladores
 

Categorías:

Comparte: