Ferroviario nado en Madrid viviu dende moi novo no Barco, onde desenvolveu toda a súa vida sindical e política.
Foi membro da dirección de Comisións Obreiras de Galicia e do Comité Central do Partido Comunista de Galicia, organizador principal dos traballadores da pizarra, un dos sectores económicos máis importantes de Galicia.
O comité comarcal organizou baixo a súa dirección o primeiro mitin do PCG das eleccións xeráis do ano 1977. Coido que foi proporcionalmente o mitin máis grande que se ten celebrado en ningún lugar nunha vila de menos de 10.000 habitantes, mil persoas encheron o local dunha igrexa nova, aínda en construcción.
Alí tamén falou por primeira vez dende o ano 1936 outro insigne Valderrés, Santiago Álvarez, fundador e secretario xeral do PCG. A casa de Carlos e de Fina, a súa compañeira, era o lugar de arribada dos que chegamos de fóra a participar nun acto político ou sindical no Barco.
A túa exemplar militancia figurará sempre na memoria do noso partido.
Partido Comunista de Galicia.
Aínda co esplendor na herba
e a gloria nas flores se teñan marchitado xa,
a beleza daqueles momentos compartidos
perdurará para sempre no noso recordo.
(William Wordsworth)




