Perante o 17M, Día das Letras Galegas, a Xuventude e o Partido Comunista, reivindicamos a creación cultural e o emprego do idioma como expresións de clase nun contexto de pugna interclasista, elementos historicamente oprimidos e ateigados de prexuizos polos distintos réximes a servizo do capital.
Esta opresión xorde dun marco analítico máis amplo, onde o papel que xoga Galiza dentro da división internacional do traballo, permite a explotación da nosa terra e dos nosos recursos, sempre para maximizar as gañancias alleas a costa do proletariado galego.
Desta base material, emerxen as ‘cadeas culturais’ que se cinguen sobre o galego no concreto e na elaboración cultural no xeral, ao configurarse en moitas ocasións como ferramentas da propia clase obreira en resistencia e loita contra o réxime burgués e os seus intereses.
A lingua e a cultura galegas non teñen polo tanto cabida nos esquemas do capital, dándose pola súa parte accións de desprestixio, intento de borrado das mesmas e ataques directos a favor da desgaleguización, como os que vemos diariamente nas escolas. Sendo isto unha mostra máis de como dentro do eixo centro-periferia só hai lugar para aumentar beneficios económicos á nosa costa, e se aplastan, aínda que sexan mínimos, os últimos latexos propios do proletariado galego.
É por isto que entendemos que a única elaboración cultural realmente libre e sen cadeas atópase lonxe do sistema capitalista. Só a través do socialismo as expresións populares poderán desmarcarse do desprezo e os intereses da burguesía, a opresión do capital e as lóxicas de desprestixio que se dan por estes dous factores.
No 17 de maio reivindicamos toda elaboración cultural enfrontada ó estado burgués, e a necesidade de organizarse contra este, ao tempo que defendemos a lingua galega e a opresión histórica que sofre. Témolo claro: Fronte a opresión do capital, cultura obreira e popular.