COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Manifesto do PCE no 28X, día do Orgullo LGTBi

28 de xuño de 2023

Fronte ao seu odio, organización de clase LGTBI

O PCE outro 28 de xuño sumámonos á conmemoración do día do Orgullo LGTBI e manifestamos o noso compromiso para conseguir que a heteronormatividade imposta deixe de violentar as vidas dos homosexuais, bibolleras e trans da nosa clase.

Unha reivindicación que non é nova para os e as comunistas, xa que sempre estivemos á vangarda na defensa dos dereitos do colectivo LGTBI no noso país, loitando para acabar coa dobre discriminación que supón ser LGTBI na nosa sociedade. É certo que nos últimos anos logramos avanzar na igualdade legal do colectivo LGTBI, pero os dereitos deste colectivo non poderán ser plenamente conquistados na sociedade capitalista e heteropatriarcal na que vivimos.

A entrada da ultradereita nas institucións e a difusión e normalización de discursos abertamente LGTBIfóbicos supoñen un perigo para todos os avances legais conquistados. Por tanto, non permitiremos ningún retroceso no ámbito legal: o PCE seguirá traballando na consecución de dereitos civís das persoas LGTIB en todas as institucións. Os avances normativos non se poden quedar nos boletíns oficiais: hai que desterrar a violencia LGTBIfóbica de todos os espazos, hai que garantir a resposta fronte a ela.

Somos conscientes de que poderán ilusionarnos pero non nos conformamos cos dereitos que conseguimos dentro da sociedade actual e seguiremos loitando polo final do patriarcado e a superación do capitalismo porque  só así poremos fin á exclusión histórica que padeceron e padecen os e as traballadoras LGTBI. Nós sinalamos á familia nuclear e ao sistema binarista sexo-xénero, como piares fundamentais do patriarcado actual, e indispensables para a reprodución da forza de traballo desde os fogares.

Sabemos que para acabar coa heteronormatividade, e por tanto cos roles de xénero a través dos que se reproduce, queda moito por facer. O sistema capitalista mercantiliza as nosas loitas e tenta baleirar de contido a mobilización. Por iso reafirmamos o noso compromiso cun Orgullo combativo e de protesta, que non se deixe cativar polos dereitos sociais xa conquistados nin polo patriarcado que todo o reduce ao home-branco-homosexual, unha mobilización que traballe pola visibilización e o empoderamento de bisexuais, trans e bolleras, de todas as disidentes.

Facemos un chamamento á recuperación do espírito dos disturbios de Stonewelll de loita do colectivo LGTBI, non xa por unha cuestión de recoñecemento histórico a aquelas mulleres trans que se rebelaron contra a represión policial no Nova York de 1969, senón porque a mobilización crítica co sistema é o único camiño para conseguir unha sociedade socialista con dereitos civís reais.

Hoxe, máis que nunca, Orgullo é protesta!

Categorías:

Comparte: