COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Manifesto do PCE para o 25N - Xaque feminista á xustiza patriarcal

23 de novembro de 2021

XAQUE FEMINISTA Á XUSTIZA PATRIARCAL

Este 25 de novembro encadrase nun mes negro. A sombra do patriarcado ameázanos nas institucións, nas nosas casas, nas rúas e nos lugares de ocio nocturno, no traballo e nos centros de estudo.

Non se respecta a nosa liberdade nin a nosa integridade física e mental. Mátasenos, violásenos, explotásenos laboral, sexual e reprodutivamente, acosásenos, maltratásenos, asasinan fillos e fillas e ante isto síguenos a cuestionar, non nos cren e incluso criminalízasenos con pena de cárcere, como os recentes casos de Juana Rivas ou María Sevilla con prisión por afastar aos seus fillos dos maltratadores.

As mulleres ao longo da nosa vida podemos sufrir diferentes violencias machistas: violencia física, psicolóxica, económica, sexual, e máis vicaria e institucional. Estas dúas últimas violencias non son novas, existiron sempre, aínda que desapercibidos.

Dende o PCE, este día internacional contra a violencia de xénero, queremos denunciar toda violencia machista e prestar especial atención á violencia que exerce a xudicatura machista e patriarcal.

España non conta cunha lexislación específica en materia de violencia institucional, pero si ratificou o convenio europeo contra a violencia contra a muller, coñecido como Convenio de Istambul. Iso significa que a violencia institucional pode ser xulgada e condenada.

Neste sentido, celebramos que o Ministerio de Igualdade esté a traballar para estender a Lei Orgánica 1/2004 contra a Violencia de Xénero a todas as violencias do Convenio de Istambul, e nun catálogo de medidas urxentes froito do diálogo con asociacións e organizacións de mulleres implicadas na loita contra a violencia machista, e na atención ás vítimas.

A sociedade e as institucións seguen sen identificar a violencia machista cando non hai agresións físicas, non perciben que o maltrato psicolóxico pode ser devastador e mesmo irreversible. A violencia física é castigada e condenada, pero non se detecta ou se pasa de puntillas ante unha estratexia do maltratador como é o uso da manipulación e o vitimismo.

É urxente que as institucións amplíen a súa formación en tódalas formas de violencia de xénero, incrementen os recursos de atención especializada que axuden a identificar esta violencia, a súa intencionalidade, os seus mecanismos e as súas consecuencias. Darlles credibilidade ás mulleres vítimas de abuso psicolóxico e devolverlles a vida que lles roubaron.

Denunciamos a violencia vicaria, o uso de fillos e fillas para continuar coa violencia contra as mulleres. Unha das formas máis extremas de violencia machista. Unha violencia xeneralizada e oculta, e onde os maltratadores ás veces acaban matando ás crianzas.

Un maltratador non é un bo pai, a través deste tipo de violencia machista deshumanizan aos fillos e fillas que se converten no obxecto que lles permite provocar unha dor extrema ás nais. Unha dor extrema que saben que perdurará ao longo da vida, unha dor que fai que as mulleres se sintan culpables por non saber protexer aos seus fillos.

Denunciamos que as institucións non actúan ata que se produce o asasinato dun neno ou dunha nena, porque a violencia vicaria é un longo proceso de violencia de xénero que, como outras manifestacións machistas, inclúe violencia física e económica e sempre a de control sobre as mulleres.

Unha violencia que conta con gran apoio das institucións e do sistema xudicial: Juana Rivas, Sara, María Sevilla, María Salmerón, Patricia González, María Ugarte, Ana María Bayo, Silvia Aquiles, María Isabel Martínez, Verónica Saldaña, Daria Sidorkevich, Bárbara, Beatriz…, entre moitas outras.

Algúns delas viron como os seus maltratadores asasinaban aos seus fillos ou fillas, a outras lles quitaron a custodia por atreverse a denunciar aos maltratadores por malos tratos e malos tratos infantís. Agresores que moitas veces a xustiza protexeu baixo o dereito dos pais a visitar aos seus fillos e fillas, dereito que se lle debe negar a un maltratador.

Estas situacións de inxustiza machista demostran que o patriarcado segue presente no poder xudicial e que é urxente a protección lexislativa das mulleres e menores fronte á violencia machista.

Dende o PCE queremos evitar que a metade da poboación siga sendo humillada, coaccionada, violada ou asasinada sen unha resposta contundente e efectiva dos poderes públicos.

É fundamental que a violencia institucional e a violencia vicaria estean recollidas na Lei Integral, o que implica a asunción de responsabilidade por parte do Estado, por acción ou omisión, dun fenómeno que afecta a unha de cada 10 mulleres e que se cobrou a vida de miles de persoas.

Imos xogar ben a partida. Xaque mate ao patriarcado criminal!

Categorías:

Comparte: