COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Mensaxe de saúdo á Clausura do 15º Congreso do PCG

6 de decembro de 2022

Prezadas compañeiras e prezados compañeiros do Partido Comunista de Galicia,

Desde a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil queremos facer chegar a toda militancia do Partido Comunista de Galicia un afectuoso saúdo antiimperialista e revolucionario e agradecervos o convite para acompañarvos na Clausura do voso 15º Congreso.

Sabemos que poderemos contar no futuro coa xenerosa militancia do PCG que, desde a fundación da nosa Asociación, hai xa 39 anos, participou incontábeis veces nas accións e manifestacións de solidariedade coa Revolución cubana e contra o infame bloqueo norteameicano á Illa da Liberdade.

Convidámosvos a erguer xuntos un poderoso muro de solidariedade internacionalista para liberar o mundo da bota de ferro do imperialismo e a reforzar na Galiza as fileiras da solidariedade coa Cuba socialista.

Viva Cuba socialista!!

Vigo, 25 de novembro de 2022.

Directiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

Categorías:

Comparte: