O núcleo comunista do Val Miñor do PCG ten elaborado un proxecto chamado “PCG Val Miñor con Cuba”, co obxectivo de revitalizar o irmandamento dos concellos de Baiona e Rafael Freyre (Holguín, Cuba) así como colaborar na superación do bloqueo tamén informativo sobre Cuba e os seus logros. Neste proxecto inclúense diversas actividades como a nosa presencia cun posto na próxima Festa da Arribada, un intercambio artístico entre ámbalas duas cidades, unha Brigada de solidariedade e un contenedor con axuda. De todo elo informaremos con tempo para que podades
colaborar nas mesmas na medida das vosas posibilidades.
Pero, ademáis, temos organizada unha mesa redonda telemática co título de “A Xestión da COVID en Cuba”, que terá lugar o próximo xoves día 22 de abril ás 20:00 (hora española). O obxectivo da mesma é informarnos da situación da
pandemia en Holguín e en toda Cuba, do abordaxe da mesma e dos tratamentos e vacinas coa que a afrontan. Comprobaremos como un país do mal chamado terceiro mundo, gobernado polo pobo e para o pobo, bloqueado e acosado, resposta á esta situación pandémica de xeito exemplar, en contraposición a outros países do seu entorno e outros como os europeos mais desenvolvidos pero gobernados polo capitalismo neoliberal. Racharemos así co bloqueo informativo perpetrado nesta e outras moitas cuestións que teñen que ver coa illa.
Contaremos coa presencia telemática dos alcaldes de ambalas dúas cidades, da autoridade sanitaria local de Rafael Freyre e da cónsul de Cuba en Galicia.
Invitamos a todas as personas interesadas a inscribirse na mesma, mandando o voso
nome, apelidos e correo electrónico á nosa conta de correo:
valminor.comarcavigo@pcgalicia.org
O mesmo día 22 enviaremos o enlace ás personas inscritas.
Como dí a faixa do noso cartaz portada por sanitarias cubanas.
CUBA É SAÚDE
CUBA É SOBERANA