Ante o acto violento e xenófobo da pasada fin de semana contra o futuro centro de acollida de menores non acompañados, o Partido Comunista de Galicia convida aos veciños/as de Monforte a participar dun acto que fomente o diálogo e o debate sosegado.
Este partido no que militaron e militan persoas que conviviron cas feridas dun pasado violento no noso país, coma Rafael Alberti, Dolores Ibárrruri ou Xesús Alonso Montero non pode permanecer impasible ante actos tan graves.
Desde o PCG somos coñecedores de que o racismo é un problema ligado ás estructuras deste sistema capitalista e neocolonial, o cal inocula a xenofobia contra quenes fuxen das guerras e a miseria provocadas moitas veces polas inxerencias do primeiro mundo en continentes como África.
Por todo isto defendemos a confrotación de ideas a través do debate e convidamos a participar do coloquio “Neocolonialismo e desnormalización do racismo en Galcia”. A charla será impartida polo periodista e escritor panafricanista Abuy Nfubea o cal ten unha dilatada experiencia internacional na loita contra o racismo.
O acto terá lugar o vindeiro Venres 26 ás 19:30 h no Centro do Viño de Monforte.
Por último, facemos un chamamento á cidadanía a non caer en provocacións máis propias de paixóns deportivas desmedidas que dun ambiente democrático