COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Ningún recorte pola guerra! Paz, salarios e empregos dignos!

26 de abril de 2022

 

No Primero de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, cando aínda non temos superadas as terribles consecuencias da pandemia, enfrontámonos a perigos como a guerra, a crise e o fascismo, a carreira armamentista, e inclusive, ao risco dunha conflagración nuclear.

O imperialismo estadounidense trata de salvar a súa hexemonía mundial impondo a súa axenda de xeito agresivo, sobre todo a través da OTAN, que está arrastrando todo o planeta a un grave enfrontamiento, unha nova "guerra fría" que agrava a escasez de subministros e a especulación que están levando a inflación a niveis que non se vían desde hai máis de 30 anos.

A guerra en Ucraína está sendo a excusa dos EEUU para impor a súa nueva orde mundial, cunha campaña mediática e de sancións sen precedentes, promovendo ideoloxías reaccionarias para dereitizar a sociedad, extendendo a rusofobia, o recorte de liberdades democráticas e a persecución anticomunista e antisindical e contra a esquerda.

A Unión Europea obedece ao pé da letra a estratexia estadounidense de dilatar o conflito e agravar a escalada militarista, o que, mesmo, vai incluso en contra dos intereses dos países europeos, al arrastrar todo o continente ao encarecimento das materias primas e a enerxía, ao aumento do gasto militar e a recortes en partidas sociais, o que só agravará o sufrimento do pobo ucraíno e do conxunto dos pobos europeos.

A solución á guerra no é máis guerra, porque o conflito militar afundirá os pobos nun pozo de morte, destrución e crise económica. Por iso a loita pola paz e contra a guerra é un dos nosos principios fundacionais e hoxe teñen que ser a loita contra a OTAN e polo fin da carreira armamentista.

Perante o perigo da deriva belicista, as súas consecuencias económicas e sociais para a clase obreira e os pobos, compartimos a proposta de construír un mundo multipolar realizado pola República Popular de China, onde la negociación política facilite una convivencia pacífica, onde a legalidade internacional e a diplomacia se impoñan á lei do máis forte.

Hai que parar a lóxica do sangue e as armas e forzar unha saída diplomática multilateral, que implique a toda la comunidad internacional e outorgue plenas garantías de seguridade mutua e cooperación a todos os pobos de Europa, sustituíndo a confrontación de bloques pola neutralidade activa. Oponémonos ao envío de armas, ás sancións e ao aumento do gasto militar. Chamamos ao diálogo e ao desarme. La paz é urxente.

Ante o furacán belicista e reaccionario do imperialismo, mostramos a nosa solidariedade coas vítimas civís e coas persoas refuxiadas de todas as guerras, desde o Dombas a Ucraína,   Iemen, Afganistán, Libia ou Siria, e máis que nunca mostrarmos a nosa total solidariedade e compromiso coos pobos saharaui e palestino e coa revolución cubana.

Nestes anos de pandemia, grazas á presenza de Unidas Podemos, IU e o PCE no Goberno, e aos fortes lazos co movemento obreiro e o sindicalismo de clase, aprobáronse importantes medidas laborais e sociais, que están mellorando as condicións de vida da clase traballadora e protexendo os sectores máis vulnerables da sociedade.

A suba do SMI en máis dun 30% ata os 1.000 euros. Os ERTE que salvaron millóns de empregos A última reforma laboral que xeneraliza a contratación indefinida fronte á precariedade logrando crear un millón de contratos fixos no que vai de ano, que reforza os sindicatos na negociación colectiva, que recupera a ultraactividade e l prevalencia dos convenios sectoriais fronte os de empresa, o que pode permitir a sindicalización dos sectores máis golpeados pola precariedade (mulleres, xuventude e inmigrantes).

Nestes momentos de forte suba inflacionista e crecente paralización económica, é esencial defender e aplicar nas empresas e sectores, o conquistado no parlamento e no goberno, reforzar o sindicalismo de clase na negociación colectiva fronte a patronal e a súa pretensión de aumentar as súas ganancias a costa de baixar os salarios de forma masiva, aplicar os ERTEs para defender o emprego fronte os despidos, ampliar o escudo social e facer unha reforma fiscal progresiva para que pague más quen mas ten.

O PCE mostra todo o seu apoio aos sindicatos de clase na negociación coa patronal, para alcanzar un pacto de rendas que garanta que, a pesar da guerra en Ucraína e la suba do prezo da enerxía, non haxa perda do poder adquisitivo dos salarios. Apoiaremos todas as mobilizacións para acadar un bn acordo e, se non for posible, despregaremos todos os esforzos  para que o gobierno adopte medidas que blinden os salarios perante a inflación.

Diante da escalada inflacionista e especulativa é necesario utilizar os Orzamentos Xerais do Estado para promover un cambio de modelo produtivo, que deteña a forte dependencia financera e tecnolóxica do capital foráneo, desde a intervención pública, limitando e regulando os prezos da enerxía e os produtos esenciais, formando novas empresas públicas ou nacionalizando sectores estratéxicos.

Fronte o perigo da guerra e contra o fascismo e la crise, chamamos á mobilización, á unidade da clase obreira e do sindicalismo, da esquerda, do mundo da cultura, na rúa e nas institucións, e nos centros de traballo e estudo, nun amplo movemeento pola paz, a democraciaeol socialismo. A participar nas manifestacións do Día do Traballo e no contracumio contra a OTAN no mes de xullo, para poñer o pobo traballador á ofensiva, para iniciar un novo ciclo de loitas e avances sociais.

 

Pola paz, contra la guerra e a OTAN!  Ningún recorte pola guerra!  Paz, salarios e empregos dignos!

Categorías:

Comparte: